A finais de 20119 recibimos o xogo móbil Minecraft Earth como unha aplicación free-to-play na liña de Pokémon Go, pero dado que estamos ante un título orientado a explorar o mundo real e a colaborar con outros usuarios resulta evidente que non está a funcionar ben no contexto sanitario actual, de aí que decidisen pór peche a este proxecto, que deixará de operar no mes de xuño.
Para ir preparando este peche veñen de eliminar da aplicación a posibilidade de realizar transaccións con cartos reais, reducir drasticamente o prezo dos rubís, incorporar ao xogo todos os contidos que tiñan en carteira, reducir o tempo preciso para avanzar no xogo e, en definitiva, dar facilidades para que o xogo poida despedirse deixando un bo sabor de boca ou, cando menos, eliminando os elementos que incentivaban as compras na aplicación, que non terían sentido cando o xogo ten data de caducidade.
A partir do 1 de xullo será imposible descargar o xogar a Minecraft Earth, xa que borraranse os datos dos seus servidores. Aos usuarios que fixesen compras con cartos reais no xogo entregaráselle unha copia de Minecraft.
Minecraft Earth pechará en xuño
Compartir Este Artigo

