Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O coche autónomo e conectado que percorrerá as estradas españolas colle impulso dende Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O coche autónomo e conectado que percorrerá as estradas españolas colle impulso dende Vigo

S. P.
Publicado: 23/09/2021
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

artus_vigo_zona_franca.jpgO Auditorio Mar de Vigo acolleu este 22 de setembro a primeira xuntanza do proxecto ARTUS, Constelación de Laboratorios para a Mobilidade Conectada. Foi un acto dirixido e coordinado pola Zona Franca de Vigo, no que participaron representantes das administracións impulsaras e das empresas implicadas para desenvolver dar o empurrón definitivo ao coche autónomo e intelixente no ámbito estatal.
O Ministerio de Industria, a través da súa Dirección Xeral de Industria, convocou ás entidades públicas e ás empresas privadas interesadas en impulsar o proxecto tractor do vehículo conectado nunha reunión organizada pola Zona Franca de Vigo. O eixo da xuntanza foi o proxecto ARTUS, liderado por Cellnex.
Ao encontro asistiron as empresas que manifestaron interese en participar e coñecer o plan para impulsar o vehículo do futuro.
En total, participaron 15 administracións (a Generalitat de Catalunya, a Generalitat Valenciana, o Goberno de Aragón, a Xunta de Castela e León e a Xunta de Galicia/IGAPE, Concellos de Castellolí, Zaragoza, Valladolid e Vigo, a Deputación de Pontevedra, así como os Consorcios da Zona Franca de Barcelona e a Zona Franca de Vigo e o Porto de Alacante) ás que se uniron a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), ambas entidades cun papel estratéxico pola importancia da seguridade viaria e a protección tecnolóxico-dixital, como “factores críticos do proxecto”.
Ademais, participaron as 21 empresas e entidades do consorcio privado que lidera Cellnex Telecom, co apoio de Grant Thornton: Renault, CEGASA, ANFAC, Sernauto, Fundación Ibercaja, Fundación ONCE, CTAG, Idiada, CTTC, BSC-CNS, IThinkUPC, Parcmotor Castellolí, Enide Solutions, Optare 5G, Nearby Computing, Madcoms Networks, Eurocybcar, Project, e S2 Grupo.
Finalmente, contouse coa presenza do Grupo Stellantis, SEAT, Gestamp, ZF_Dalphi Metal, Magna Seating, Borgwarner Emission Systems Clúster de Automoción de Galicia (CEAGA) e ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia.)
O Proxecto ARTUS ten como obxectivo deseñar, probar e homologar tecnoloxías de futuro nos laboratorios de probas que se construirán para ese efecto, creando nun futuro un centro de certificación e homologación. Con este plan, España quere acadar “unha clara vantaxe competitiva no ámbito científico e industrial co beneficio que isto reporta á sociedade: crecemento económico e de emprego, atracción de investimento, así como, mellora na seguridade e apoio no proceso de descarbonización”. Neste sentido Zona Franca de Vigo e CTAG concorren no programa co proxecto Atlantrack, un centro de validación de vehículos eléctricos e autónomos.
O director de ARTUS en Cellnex Telecom, Fernando Brea, destacou que “o proxecto creará unha rede de laboratorios de mobilidade que serán clave no desenvolvemento das futuras infraestruturas viarias de telecomunicacións, base para a mobilidade conectada. Cellnex Telecom lidera este proxecto co obxectivo de desenvolver as tecnoloxías necesarias para o despregamento destas infraestruturas de forma coordinada co sector da automoción e a mobilidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?