Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Terbutalina acompañan dun videoxogo o arrinque da súa nova xira en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Terbutalina acompañan dun videoxogo o arrinque da súa nova xira en Santiago

S. P.
Publicado: 08/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

terbutalina_cartel.jpgA banda punk-rock de Esteiro (Muros) Terbutalina vén este marzo con importantes novidades. Por unha banda, arrincan unha xira por Galicia e España que ten a súa primeira parada na Sala Capitol de Santiago, o 19 de marzo, que contará coa presenza doutra banda do mesmo concello muradán a xeito de grupo convidado: The Rapants. Trátase da xira Costa abaixo (Nada que nos free tour), coa que os integrantes de Terbutalina amósanse dispostos “a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada”.
Costa abaixo é tamén o nome do primeiro dunha serie de singles que irán presentando ao longo deste 2022 e que promete ser o pistoletazo de saída á volta definitiva ao seu hábitat natural: os escenarios. Así o amosaron o pasado sábado nunha sesión vermú na Sala Karma onde esgotaron as localidades para a festa reencontro co seu público.
terbutalina_97wjey.jpgOutra das novidades da banda para este mes de marzo tamén ten relación co dito tema, Costa abaixo. Segundo indican, este tema é “a primeira canción da historia que conta co seu propio videoxogo”. Desenvolvido por Qaramelo Videoxogos, a aventura gráfica Gran Prix Turbotalina é un endless-runner ambientado no Gran Premio das Carrilanas do Esteiro natal dos integrantes de Terbutalina. Os protagonistas son os propios membros da banda que terán que sortear un gran número de obstáculos do universo terbutalínico para alzarse coa vitoria ao ritmo da súa propia banda sonora. O videoxogo xa está dispoñible en liña na web de Qaramelo.
Volvendo á xira, sinalar á cita na Sala Capitol en Santiago de Compostela o 19 de marzo, séguenlle La Salvaje en Oviedo o 25 de marzo, a Sala Niágara en Santander o 26 de marzo, a Fun House de Madrid o 29 de abril ou a Lata de Bombillas en Zaragoza ao día seguinte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?