Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Improving Metrics instaura o teletraballo como unha política de empresa voluntaria e preferente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Improving Metrics instaura o teletraballo como unha política de empresa voluntaria e preferente

S. P.
Publicado: 16/03/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

improving_metrics_sede_coruna.jpgImproving Metrics, consultora galega dedicada a mellorar os negocios dixitais grazas á analítica de datos e a estratexia dixital, compartiu con nós os seus máis recentes avances en materia laboral dirixidos a mellorar a calidade de vida do seu equipo e a súa marxe de conciliación familiar. En concreto, a empresa decidiu instaurar o teletraballo como unha política de empresa voluntaria e preferente.
Esta iniciativa, segundo informou a empresa, é un paso máis nas estratexias postas en marcha durante a pandemia, onde xa se apostou de cheo por este modelo de traballo, unha metodoloxía que agora é política de empresa. A medida afecta a un persoal constituído por uns 40 traballadores e traballadoras.

Paula Medina, de Improving Metrics
Paula Medina, de Improving Metrics
A empresa lembra que dende a declaración do estado de alarma xusto hai 2 anos, mantivo ao seu equipo de traballo baixo unha modalidade remota que este ano pasa a ser unha modalidade oficial. Work Smart, Work Improver é o nome que a consultora elixiu para denominar o seu marco oficial de traballo remoto. O obxecto do devandito marco é “formalizar voluntariamente un acordo de actividade laboral a distancia na modalidade de teletraballo, de conformidade co establecido no Real Decreto-lei 28/2020, de 22 de setembro, de traballo a distancia”. Este marco ten como premisa básica a seguinte: fomentar unha cultura de traballo áxil, flexible e dinámica, sentando un precedente na empresa e no sector e converténdose, deste xeito, nunha das primeiras empresas en España en asinalo con todas e todos os seus colaboradores, sen excepción. Respecto das razón para ter tomado esta decisión, o equipo directivo de Improving Metrics sinala que o que se iniciou “como unha forma de salvagardar a saúde das persoas, converteuse nun impulso no fortalecemento dunha cultura de empresa que xa se asentaba nos valores como a confianza, o respecto e a responsabilidade”.
Paula Medina, responsable da área de People & Culture de Improving Metrics, explica con máis detalle estas razóns e o seu impacto non só na baixa incidencia de contaxios no equipo, senón os altos niveis de produtividade, evidenciados no seu crecemento en negocio e facturación ao peche do ano pasado: “A pandemia tomounos por sorpresa a todos. Pero nós, con todo, xa tiñamos camiño andado no traballo remoto. A natureza do noso negocio xa nos esixía dispor de ferramentas telemáticas para a xestión do traballo diario e a atención dos nosos clientes, polo que a adaptación ao teletraballo deuse de forma natural e sen friccións”. E engade: “Un dos retos aos que nos enfrontamos é o feito de comunicar e manter unha cultura corporativa sólida. O traballo a distancia limita o contacto e restrinxe as interaccións sociais. Levamos un tempo traballando este aspecto desde a base e con todo o persoal. A receptividade e apertura do equipo para desempeñar as súas funcións baixo esta modalidade foron impresionantes. Ademais, factores como a conciliación familiar, a redución dos desprazamentos e a redución do gasto en xeral, foron determinantes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?