Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 230 vivendas de Pol xa teñen a Internet ultrarrápida de Adamo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 230 vivendas de Pol xa teñen a Internet ultrarrápida de Adamo

S. P.
Publicado: 16/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

David Llano (Adamo), a concelleira Sonia Cervantes, o alcalde Lino Rodriguez e a concelleira Marina Ramundo.jpg
David Llano (Adamo), a concelleira Sonia Cervantes, o alcalde Lino Rodriguez e a concelleira Marina Ramundo.jpg
A operadora Adamo anunciou que xa fornece de fibra óptica a 233 fogares de Pol, na provincia de Lugo. En concreto, en inmóbeis situados en San Martiño de Ferreiros, Santa María de Valonga, San Martín de Lúa, Santiago de Milleirós e Santo André de Ferreiros. Estes traballos de despregadura leváronse a cabo ao abeiro do compromiso de cobertura no rural da compañía co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Adamo, porén, recoñece que a cifra devandita non será finalmente a definitiva, xa que a instalación pode ir máis aló neste concello lucense, dado que é intención dos responsables da compañía é levar Internet ultrarrápida ao resto de parroquias de Pol mediante investimentos propios, “sempre que se rexistre demanda entre os veciños”. Así, aquelas persoas interesadas en beneficiarse do sinal e o servizo da operadora de telecomunicacións en Pol poden inscribirse na web da compañía, no apartado específico para o concello lucense.
Internet de 1.000 Mbps en Pol
Adamo salienta que está a despregar nos nosos concellos “a fibra óptica máis veloz dispoñíbei hoxe en día no mercado, de 1.000 Mbps”. Esa potencia, engade a compañía, permite estar máis preto dos seres queridos que se atopan lonxe, teletraballar con garantías, pasar citar médicas en remoto, acceder a educación en liña, comprar por Internet ou gozar de videoxogos, películas e series a través da Rede.
Apoio municipal en Pol
O despregamento en Pol, que conta co respaldo do seu alcalde, Liño Rodríguez Ónega. enmárcase no plan de expansión que Adamo está a desenvolver na provincia de Lugo, que incluíu a instalación de fibra óptica en máis de 65.000 domicilios no últimos catro anos, entre 2018 e 2021. A eles sumaranse outros 14.000 ao longo de 2021 para redondear un total próximo aos 80.000 fogares na rede de Adamo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?