Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC publican un libro sobre o uso educativo dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC publican un libro sobre o uso educativo dos videoxogos

S. P.
Publicado: 17/03/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_libro_autores_videoxogos_escola_videojuegos_escuela.jpgEstes días tiña lugar a presentación do libro Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios, publicado pola editorial Octaedro. Trátase dunha escolma de experiencias relacionadas co uso educativo dos videoxogos e encamiñada principalmente á comunidade educativa (profesorado de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade; profesionais de institucións sociocomunitarias; familias e empresas relacionadas co sector dos videoxogos). Cómpre subliñar que un do obxectivos principais desta obra é favorecer un intercambio entre docentes e outros profesionais que axude a pór en marcha iniciativas caracterizadas pola utilización pedagóxica axeitada dos videoxogos.
libro_usc_videoxogos_escola.jpgDetrás das páxinas deste libro atopamos a Silvia López Gómez e Jesús Rodríguez Rodríguez (coordinación) ambos profesores do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), membros do grupo de investigación Stellae, do grupo de materiais didácticos Cavila (NEG) e do consello de redacción da Revista Galega de Educación.
O dito volume contén experiencias levadas a cabo nos últimos anos no contexto español e iberoamericano que amosan as posibilidades achegadas polos videoxogos na educación, que van desde a aprendizaxe de procedementos e estratexias ata a motivación, a toma de decisións, a resolución de problemas e o desenvolvemento do pensamento computacional, entre outras.
Engadir que a obra está composta por 15 capítulos, ofrece traballos pertencentes ao eido escolar e universitario e aos contextos sociocomunitarios, nela participaron máis de 40 profesionais da educación.
Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios está dispoñible para a súa compra por 9,99 euros

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?