Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ComTecArt afronta a recta final do seu traballo para converter Arnoia, Arnoia en videoxogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

ComTecArt afronta a recta final do seu traballo para converter Arnoia, Arnoia en videoxogo

S. P.
Publicado: 31/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

residenciacomtecart_manuelgvicente.jpgEste 31 de marzo tivemos ocasión de coñecer máis detalles do proxecto para converter a novela Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín, en videoxogo, unha iniciativa da que falamos os días pasados en Código Cero, con motivo do seu arrinque, destacando que vén de man da residencia creativa ComTecArt (unha das seis residencias desta índole que acolle a Cidade da Cultura nesta primeira metade de ano) na que participa un grupo de 9 estudantes e persoas egresadas de diferentes perfís e titulacións da UVigo. Segundo puidemos saber, a residencia (impulsada de xeito conxunto dende a Universidade de Vigo e a Xunta) remata esta fin se mana no Gaiás logo dun mes de intenso traballo.
residenciacomtecart_quinovilas_4.jpg Tres áreas
O alumnado da UVigo, procedente de cinco titulacións diferentes e dos tres campus da universidade, desenvolve o seu traballo no Gaiás organizados en tres áreas: deseño, ilustración e arte, e programación e Intelixencia Artificial, como se fosen tres departamentos dunha produtora que deben coordinarse para desenvolver un proxecto único. Segundo destacan a UVigo e máis a Xunta (Consellería de Cultura e Educación) trátase “dunha experiencia moi inmersiva” na que, como salientan tamén os profesores responsables da iniciativa, “sobresae o bo ambiente de traballo xerado entre o grupo de estudantes, que non se coñecían previamente”.
Narrativa, arte e tecnoloxía en equipo
Os participantes encárganse, entre outras cuestións, de escribir o guión literario e os diálogos, deseñar a narrativa da historia e coordinar os outros departamentos. Tamén son artífices da parte estética do xogo, desde definir a paleta de cores que empregarán ata crear os bocexos das personaxes, as texturas e, en definitiva, trasladar as palabras coas que Méndez Ferrín describe o mundo máxico de Arnoia, Arnoia a un escenario de videoxogo.
residenciacomtecart_quinovilas_1.jpgO equipo tamén traballa a área de programación, a través tanto de liñas de código como formas xeométricas en movemento, dando forma a unha sorte de esqueleto sobre o que máis adiante se aplicarán os deseños e a arte do xogo. Este departamento é tamén o responsables de dar vida ás personaxes, así como de establecer a física dos obxectos e dos escenarios para que aquelas poidan interactuar con eles sen erros.
Logo do remate da residencia, o equipo seguirá afinando o xogo máis aló da estadía no Gaiás co obxectivo de presentar o resultado ao público da mellor forma posible. Á hora de valorar o seu paso pola Cidade da Cultura, os participantes coinciden en destacar “o bo ambiente”, a “enriquecedora comunicación interdisciplinar” e “o desafiante dunha experiencia” que lles achega un pouco máis as súas aspiracións de dedicarse profesionalmente ao desenvolvemento de videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?