
Máis de 70.000 fogares de Lugo
En total, a compañía levou o sinal de Internet (que a operadora cualifica como “o máis veloz que existe hoxe no mercado, con 1.000 Mb”) a máis de 70.000 vivendas deses 35 concellos lucenses no citado período. Para sufragar este labor, Adamo investiu 20 millóns de euros na provincia (fronte aos 5,8 millóns que recibiu en subvencións para expandir a fibra), así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñaría, despregadura,, mantemento e comercialización.
Co presidente da Deputación e a subdelegada do Goberno
Sobre estes datos trataron a semana pasada o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, e David Llano, responsable de Adamo en Galicia, quen lles deu detalles sobre o novo equipamento e das operacións previstas para o terceiro e o cuarto trimestre. Por exemplo, o comezo das obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 7 concellos lucenses: Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto.
A finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas
Adamo proporcionará Internet de alta velocidade a outros 10.000 fogares da provincia de Lugo para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios conectados antes de que conclúa 2022.
Adamo levou a súa fibra óptica á metade dos concellos de Lugo dende 2018
Compartir Este Artigo

