
Para corroboralo, Ideaspropias lembra que a lectura dos libros falados incrementouse dun 3,1 a un 5,2 % durante o 2021, segundo datos do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros en España. “As editoriais non son alleas a este novo modelo de consumo e comezaron a adaptar e editar os seus contidos para facilitar os seus libros neste sistema de lectura audible”, engaden dende o selo galego, pertencente ao Grupo FEMXA.
Ideaspropias Editorial conta cun amplo catálogo de libros, ebooks, cursos de e-learning e, agora, audiolibros. Pedro López, director xeral de Ideaspropias, afirma que “o obxectivo dos nosos audiolibros didácticos é por a disposición de todas as persoas, sexa cal for a súa condición, os contidos máis actualizados en formato audio”. Ademais, Pedro López comenta que os audiolibros teñen moitas vantaxes no sector da formación e aprendizaxe a distancia. Neste sentido, López asegura que “o audiolibro non só permite conservar os contidos de maneira permanente e chegar a un amplo espectro de lectores, senón que tamén é un formato habitual entre a poboación nova e, por tanto, facilitar os contidos neste sistema axuda a fomentar a lectura a través de medios dixitais neste colectivo”.
Ideaspropias inaugurou a súa colección de audiolibros con Ecoturismo, un título de 11 pistas en MP3 no que se profunda sobre a historia e a evolución do ecoturismo, os lugares nos que se desenvolve, o perfil do ecoturista e a relevancia da protección dos recursos naturais e a educación ambiental.
Servicio de vinos o Teleformación para docentes son os vindeiros títulos en formato audible que incorporará Ideaspropias a súa estreada colección. Todos estes audiolibros están dispoñibles tanto para centros educativos e de formación que queiran incorporar este formato aos seus cursos de ensino a distancia (e-learning) como para particulares que poderán adquirir estes arquivos na páxina web de Ideaspropias Editorial e gozar da literatura didáctica narrada.
Ideaspropias Editorial estreáse no ámbito dos audiolibros
Compartir Este Artigo

