Este xoves as instalacións de WekCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña acollerá unha sesión do grupo de Meetup de WordPress da Coruña titulada Aprende a montar unha tenda online en 10 pasos, na que os asistentes poderán aprender a montar unha tenda en liña dun xeito rápido e eficiente.
Será encargado desta actividade formativa o deseñador web Anxo Sánchez, quen en 45 minutos amosará as ferramentas precisas para crear unha tenda en liña mínima viable, de xeito que os asistentes poderán logo replicar o proceso para desenvolver o seu negocio na Internet.
WordPress Coruña amosará como crear de xeito sinxelo unha tenda en liña
Compartir Este Artigo

