Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os iPhone máis caros foron os móbiles máis vendidos na primeira metade do ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Electrónica de consumo

Os iPhone máis caros foron os móbiles máis vendidos na primeira metade do ano

Marcus Fernández
Publicado: 29/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

omdia_smartphone-10.jpgOs analistas de Omdia veñen de publicar a listaxe dos 10 smartphones con máis unidades no mercado durante a primeira metade do ano, dando conta dunha caída nas vendas nos móbiles de gama media e baixa, mentres que se incrementa o mercado de móbiles de segunda man. Curiosamente a gama alta non se ve afectada pola recesión económica, e mantén a súa forza, dominando este tipo de dispositivos varios modelos de iPhone, que consegue ocupar os 4 primeiros postos da listaxe, mentres que o único gama alta de Samsung reflectido, o Galaxy S23 Ultra, queda nunha 6ª posición.
Resulta máis que salientable que a metade dos móbiles máis vendidos na primeira metade do ano sexan de Samsung, xa que o ano pasado Xiaomi conseguira facerse con 2 posicións grazas á súa marca económica (Redmi), dando a entender que o fabricante surcoreano soubo mellorar a súa oferta de gama media e baixa para conseguir frear ao fabricante chinés.
Un detalle moi importante da listaxe deste ano é que está dominada polo iPhone 14 Pro Max (con 26,5 millóns de unidades) e o iPhone 14 Pro (21 millóns de unidades), mentres que o iPhone 14 e o iPhone 13 quedan con 16,5 e 15,5 millóns de unidades respectivamente, o que parece ser consecuencia da estratexia de Apple de que as grandes novidades da nova xeración de móbiles chegue só aos modelos Pro e, en consecuencia, aínda que houbo unha caída en número de unidades da familia de móbiles iPhone de cada ano, ao trasladarse as vendas aos modelos máis caros Apple compensaría sobradamente a tendencia baixista do mercado global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Electrónica de consumo

Apple aposta pola integración da IA con aplicacións de terceiros para as súas futuras lentes

16/11/2026
Electrónica de consumo

Nova xeración de pantallas de tinta electrónica en cor de E Ink

15/10/2026
Electrónica de consumo

Apple colaborará con LG na creación do seu ecosistema domótico renovado

07/10/2026
mac-macbook-pro-size-unselect-20.jpg
Electrónica de consumo

O MacBook Pro con pantalla táctil podería ser bastante máis lixeiro

05/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?