Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IBM e Apple retiran a súa publicidade de X por amosarse xunto a publicacións nazis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IBM e Apple retiran a súa publicidade de X por amosarse xunto a publicacións nazis

Marcus Fernández
Publicado: 17/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

twitter_ibm_apple_nazi.jpgOs problemas de reputación de X/Twitter en vez de mellorar, van a peor, non só pola mala xestión da información relativa ao conflito en Israel/Gaza, senón tamén por manter a súa pasividade con contidos tóxicos e discursos de odio mentres declaran publicamente que si están a tomar medidas (simplemente para tranquilizar a anunciantes e gobernos).
O pasado martes puidemos ver como o Centro para Contrarrestar o Odio Dixital (CCDH) publicou un informe no que daban conta de como, tras denunciar 200 publicacións en X/Twitter con contidos de odio (incitando á violencia contra musulmáns, xudeus e palestinos, deshumanizar aos palestinos, negar o holocausto, glorificar os nazis e promover teorías da conspiración antisemitas) que sumaban máis de 24 millóns de visualizacións, atoparon con que nunha semana continuaban en liña 196 das publicacións (o 98%) e só se emprenderan medidas contra 3 contas de usuario das 101 que fixeran as publicacións (e das que 43 eran contas verificadas).
A este informe seguiulle onte unha denuncia de Media Matters for America, advertindo que as publicacións en X/Twitter con mensaxes nazis e con outros discursos de odio presentaban ao seu carón publicidade de Apple, Bravo, Oracle, Xfinity e IBM, o que provocou inicialmente a retirada da publicidade na plataforma social por parte de IBM, compañía que aseguro ter «tolerancia cero cos discursos de odio e a discriminación» e asegurando que están a investigar esta «situación completamente inaceptable».
twitter_actual_truth.jpgA percepción deste incidente agravouse seriamente despois de que o propio Elon Musk amosase o seu apoio a unha teoría da conspiración antisemita (contando as publicacións con notas da comunidade que non son visibles pese aos millóns de visualizacións que están a recibir, confirmando a inutilidade desta ferramenta que empeorou seriamente tras a entrada de Musk na compañía). Esta situación é tan grave que o voceiro Andrew Bates tamén manifestou o rexeitamento da Casa Branca ao inaceptable comportamento de Musk ao espallar horrendas mentiras antisemitas.
Nesta situación sabemos agora que tamén Apple suspendeu a súa publicidade en X/Twitter, mentres que a directora xeral da compañía de Elon Musk, Linda Yaccarino, continúa a facer declaracións públicas surrealistas, asegurando que X esfórzase en combater o antisemitismo e a discriminación, o que claramente non é certo polo que pode verse en todas as denuncias desatendidas e no comportamento do propietario da compañía.

ACTUALIZACIÓN: A Unión Europea, Disney, Lionsgate e Warner Bros. Discovery tamén anuncian que cesan a súa publicidade en X.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?