Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HBO Max converterase en Max en España o 21 de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HBO Max converterase en Max en España o 21 de maio

Marcus Fernández
Publicado: 21/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

max_65fbf656ed0a3.jpgWarner Bros. Discovery anunciou hoxe a data na que HBO Max renovará a súa marca en varios países europeos (entre os que están España e Portugal) para converterse simplemente Max, co que buscan deixar claro que xa non son unha plataforma centrada nas series de calidade para adultos e abren a porta aos contidos máis lixeiros de Discovery e incluso aos eventos deportivos de subscrición premium de Eurosport.
Será o 21 de maio cando HBO Max pasará a chamar Max en España, seguindo os pasos de EE.UU. e varios países de América Latina, deixando claro que a marca actual, implantada en España en 2021, foi simplemente de transición, aínda que non resulte moi comprensible a perda do valor de marca de HBO.
O lanzamento español de Max chega a tempo para o regreso da serie La Casa del Dragón (que estrea a segunda tempada o 17 de xuño) e no verán pretenden explotar intensivamente os Xogos Olímpicos de París 2024, que ofrecerán en completo. No apartado deportivo tamén darán cobertura aos Grand Slams de tenis, ás tres grandes voltas de ciclismo, ás 24 Horas de Le Mans, aos grandes campionatos de deportes de inverno e á UFC.
A plataforma tamén contará con novos contidos Max Originals como The Penguin e Welcome to Derry (Stephen King’s IT), así como unha boa selección de filmes da Warner, aínda que estes contidos están a perder moito peso, pois nos últimos meses puidemos ver como boa parte das pasadas xoias da coroa trunfan en Netflix e Prime Video.
O cambio de marca chegará acompañado dunha reformulación dos plans de subscrición, de xeito que haberá un plan estándar que só permitirá ver os contidos en 2 dispositivos á vez en calidade Full HD, mentres que os queiran seguir a gozar de reproducións en 4 dispositivos á vez ata en 4K terán que contratar o novo plan Premium.
Os contidos deportivos de Max terán que contratarse a través dun Complemento Deportes, e só estarán dispoñibles para 2 dispositivos á vez.
Para facer máis accesible o servizo, tras este cambio de plans, está previsto un Plan Básico con Anuncios, que inicialmente non estará dispoñible en España, polo que queda por saberse cando chegará esta modalidade de contratación como os prezos que terán os distintos plans no noso territorio, así como o xeito que terán os operadores que inclúen HBO Max na súa oferta de adaptarse ao novo esquema de contratación.


Vídeo promocional da chegada de Max a España

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?