Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A entrada do poeta Francisco Añón incorpórase ao Álbum de Galicia, que chega ás 115 entradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A entrada do poeta Francisco Añón incorpórase ao Álbum de Galicia, que chega ás 115 entradas

S. P.
Publicado: 24/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_adg_francisco_anon_014_1_.jpgXurxo Martínez González vén de achegar unha nova entrada á enciclopedia web de persoas galegas Álbum de Galicia, impulsada polo Consello da Cultura de Galicia. Trátase da sección adicada a un dos grandes autores do Rexurdimento: Francisco Añón.
Francisco Añón (Boel, Outes, 1812 – Madrid, 1878) acadou un gran recoñecemento público como poeta de Galicia no século XIX cunha produción lírica que oscilou entre o costumismo ou tipismo e o compromiso patriótico, social e político. Premiado nos primeiros Xogos Florais da Coruña, erixiuse como “unha voz inaugural do Rexurdimento”, subliña Xurxo Martínez González. El é o autor da súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).
Nado no seo dunha familia labrega, Francisco Añón formouse primeiro en Filosofía e Teoloxía e, despois, en Xurisprudencia na cidade de Santiago de Compostela. “Este período trazou o rumbo da súa vida”, indica Xurxo Martínez na súa entrada, engadindo que Añón integrouse na Academia Literaria de Santiago e comezou a publicar os seus primeiros textos tanto en diferentes cabeceiras.
O autor da súa biografía destaca tamén que Francisco Añón resultou vencedor dos primeiros Xogos Florais da Coruña (1861) cun texto titulado A Galicia, publicado posteriormente no Álbum de la Caridad xunto con outros dos seus poemas. Xunto con este volume, a obra de Añón, “dispersa en xornais e álbums de difícil acceso”, foi publicada en forma de colección polo diario vigués La Concordia no mesmo ano do seu falecemento.
“Porén, se algo o fixo inmortal foi O divino sainete (1888), de Manuel Curros Enríquez”, sátira en que Añón “exerce de guía e de vello mestre”, afirma Xurxo Martínez. Foi esta “unha homenaxe que traspasou o grosor do tempo”, continúa, á que se uniron outras como a que lle realizou a Real Academia Galega en 1928 ou o seu nomeamento como escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1966.
Álbum de Galicia
1920_-_francisco_anon._poesias.jpg En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea do CCG é “dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia”.
A día de hoxe, conta con máis de 715 entradas, das cales as máis recentes son as de Fernando Fraga Rodríguez, Antonio Naveyra, María Cardarelly e María Xosé Rouco Lamela.
As biografías están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas.
Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?