Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: John Ternus podería suceder a Tim Cook á fronte de Apple
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

John Ternus podería suceder a Tim Cook á fronte de Apple

Marcus Fernández
Publicado: 09/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

john_ternus.jpgNos últimos tempos escoitábase que o actual director xeral de Apple, Tim Cook, podería retirarse da compañía despois de ter presentado un grande produto que considerase o seu legado, e agora que as Apple Vision Pro son unha realidade, non cesan os rumores sobre quen podería ser o seu sucesor, asegurando Mark Gurman nas páxinas de Bloomberg que a figura chamada a coller a remuda de Cook sería o John Ternus.
Que Cook vaia cumprir 64 anos en novembro fai pensar que está próxima a súa saída de Apple, aínda que non habería ningún motivo para acelerar unha transición. E precisamente a idade sería un tema moi relevante na sucesión de Cook, pois o que actualmente era o principal candidato, Jeff Williams, actual director de operacións, só tería 2 anos menos que Cook, polo que non sería un bo substituto a longo prazo, de aí que estea a gañar peso a figura de John Ternus, vicepresidente senior de Enxeñaría de Hardware en Apple dende 2013, e responsable da enxeñería de todas as xeracións de Apple, dos últimos modelos de iPhone, dos AirPods e incluso unha peza clave na transición dos Mac a Apple Silicon, responsabilidades que demostran a confianza que Cook ten depositado na súa persoa.
Cómpre salientar que outras figuras de peso en Apple, coñecidos polo grande público ao aparecer regularmente nas presentacións dos novos produtos da compañía, teñen idades moi próximas á de Cook, polo que podemos entender que están camiño de rematar a súa carreira na compañía de Cupertino.
Tamén é salientable que a anterior transición na dirección da compañía foi moi pausada, con Cook incrementando as súas responsabilidades da man de Jobs, ata chegar a desenvolver todas as súas funcións levando a compañía á posición de liderado da industria que ocupa actualmente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?