Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Encontro ClubUE da Deputación da Coruña pon o foco no uso seguro da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Encontro ClubUE da Deputación da Coruña pon o foco no uso seguro da Internet

S. P.
Publicado: 10/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

europe_direct_coruna_e_asturias.jpgA segunda edición do Encontro ClubUE, as xornadas de intercambio xuvenil organizadas por Europe Direct A Coruña (Deputación) e Europe Direct Asturias, reúnen estes días en Oviedo (ata mañá xoves) a mozos e mozas membros dos seus ClubUE para compartir tres días de formación, debate e intercambio de vivencias. A ciberseguridade e o uso responsable e útil das novas ferramentas centran boa parte das actividades programadas.
O Encontro ClubUE é unha experiencia de aprendizaxe non formal no que as persoas participantes poden desenvolver e adquirir competencias ao tempo que se atopan con compañeiros e compañeiras interesadas en compartir a súa visión da Unión Europea e as súas vivencias e experiencias neste ámbito.
O programa de actividades previsto está dividido en dúas áreas. A primeira delas é un bootcamp formativo que estará centrado na ciberseguridade, a concienciación dixital e a educación no uso responsable de Internet baixo a perspectiva das políticas e accións da Unión Europea. Esta formación abordará temas como a seguridade emocional en liña, o desenvolvemento dun perfil dixital seguro ou a desinformación.
A segunda área, denominada Espacio Europa, é un punto de encontro para o intercambio de experiencias, o networking, o debate europeo e para descubrir o Oviedo máis europeo.
No encontro participan mozas e mozos da provincia da Coruña e de Asturias de entre 18 e 26 anos e que pertencen ao ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar a mozos e mozas as oportunidades que existen dentro da UE e que foi creado pola oficina europea da Deputación da Coruña en decembro de 2020. Europe Direct Asturias replicou esta iniciativa no seu territorio en outubro de 2022 e ambos centros teñen colaborado xa en varias actividades que inciden no intercambio de experiencias e creación de rede entre xente moza das dúas zonas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?