Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Bonos de Innovación mellorarán a capacidade de entidades do terceiro sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Bonos de Innovación mellorarán a capacidade de entidades do terceiro sector

Redacción
Publicado: 17/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

240717_acougo_x-3.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede da Asociación de Familias de Acollida Acougo, para dar a coñecer a resolución da liña de axudas Bonos de Innovación.
O titular de Ciencia, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou que 48 pemes, autónomos, microempresas e entidades do terceiro sector de acción social recibirán 53 bonos para contratar servizos de apoio á innovación (protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, desenvolvemento de novos produtos, procesos e servizos) e xestionar financiamento adicional para I+D+i.
240717_acougo_x-7.jpg A sede da Asociación de Familias de Acollida (Acougo) recibirá unha axuda de preto de 21.000 euros a través de Bonos de Innovación para validar unha metodoloxía innovadora de intervención psico-social, baseada en metodoloxías de xogo, e adaptala ás necesidades das familias e das crianzas do sistema de protección, tanto en acollemento familiar como residencial. Esta metodoloxía, baseada en Lego Serious Play, permitirá mellorar os servizos que ofrecen, así como ofrecer formación e servizos a outras administracións ou entidades que o demanden.

Datos por empresas e provincias

En conxunto, a Xunta concede preto de 739.000 euros de axuda a través desta liña de axudas, que permitirá mobilizar máis dun millón de euros de investimento en innovación por parte das pemes galegas. En canto á tipoloxía de beneficiario, máis da metade dos beneficiarios son pequenas empresas (50,9%), seguidas de microempresas (37,7%) e medianas empresas (11,3%). Entre elas, destaca a concesión de axudas a tres entidades do terceiro sector de acción social, o que permitirá apoiar a innovación social en colectivos relacionados coa asistencia a familiares con Alzheimer e outras demencias e coa autonomía persoal e o apoderamento das persoas con diversidade funcional, ademais das familias de acollida de menores. Por provincias, practicamente a metade dos Bonos están afincados na provincia de Pontevedra (26), un 34% na da Coruña (18), un 11,3% en Lugo (6) e o 5,7% restante en Ourense (3).
Por modalidade de axuda, o 82,1% dos bonos irán destinados a contratar actividades relacionadas coa protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos. Entre os beneficiarios figuran empresas do sector forestal e da madeira, de maquinaria para a industria da pesca, de alimentación, do sector servizos ou das TIC, entre outros. A axuda media desta liña é de máis de 24.000 euros. Por outra banda, preto dun 11% da axuda total irá para a tramitación de novas solicitudes de financiamento de actividades de I+D+i en convocatorias de axuda estatais e, por último, un 7% do orzamento será para a xestión de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador (ambas cunha axuda media de 4.700 euros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?