Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, outorgados polo COETG-AETG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, outorgados polo COETG-AETG

S. P.
Publicado: 10/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gran_hotel_toxa_toja.jpgO Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de fallar os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2024, que se entregarán durante a XXVIII Noite das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o 20 de setembro, no Gran Hotel da Toxa, no Grove.
Este ano, o lema do evento será 30.954: conexión total para vivir, co que se pretenden salientar os esforzos realizados para levar a banda largas ás máis de 30.000 entidades de poboación da nosa comunidade autónoma, así como a aplicación e posta en marcha doutras tecnoloxías como a 5G, as estratexias avanzadas en ciberseguridade ou a conexión satelital.
O premio Enxeñeiro do Ano entregarase a Alfredo Ramos, director de R e MásOrange en Galicia, “pola súa traxectoria profesional e contribución ao desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, participando activamente no equipo que puxo en marcha o primeiro operador galego —R— e actualmente en MásOrange”. O xurado tamén destaca a súa “implicación persoal para dar pulo a proxectos pioneiros en Galicia, formando parte dos comités de dirección en diferentes entidades tecnolóxicas de carácter estratéxico como o Centro Tecnolóxico Gradiant e APD (Asociación para o Progreso da Dirección), e o seu compromiso co avance na creación de empresas e aceleradoras, así como cátedras interuniversitarias”.
noite_galega_das_telecomunicacions_2024.jpgO premio Socio de Honra concedeuse ao Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña (MUDITEL), pola súa contribución na conservación do patrimonio histórico das telecomunicacións e na súa divulgación. O museo amosa “as orixes e a evolución dun sector básico e absolutamente necesario na sociedade actual”, e pon en valor a tecnoloxía. A acta de concesión tamén recolle “a paixón coa que traballa todo o seu equipo e o amor á tecnoloxía, conscientes da importancia da época de grandes cambios e evolución tecnolóxica que lles tocou vivir”.
O premio AMTEGA ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2024 recaeu sobre o proxecto CelIA (intelixencia conversacional para asistentes interactivos orientados á linguaxe). Esta iniciativa, ideada por atlanTTic (o centro de investigación para tecnoloxías da telecomunicación da Universidade de Vigo), consiste nun asistente conversacional que pode empregarse a través de WhatsApp ou dunha aplicación propia para afrontar a soidade non desexada. “Trátase dun proxecto de utilidade social evidente, sobre todo nunha sociedade cada vez máis envellecida, na que a soidade é un problema crecente”, sinala o xurado. Ademais, ofrece “un asistente de saúde para mellorar a calidade de vida e axudar ao diagnóstico precoz de problemas de saúde mental”.
O premio Axians á entidade galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións 2024 recoñeceu a contribución da Universidade de Santiago de Compostela no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Destacouse o traballo do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), especialmente en proxectos sobre Intelixencia Artificial, análise de Big Data e detección temperá de riscos. Por outra banda, o “CiTIUS participou en varios proxectos europeos de I+D+i, consolidando á USC como un referente na xeración de coñecemento avanzado e a súa transferencia ao mercado e á sociedade”.
Por último, o premio ao Mellor expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Diego Cajaraville Aboy.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?