Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo Plan Técnico Nacional da TDT habilitará unha nova canle de televisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo Plan Técnico Nacional da TDT habilitará unha nova canle de televisión

Redacción
Publicado: 25/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nwqzotdjngrlotm1ms11bm5hbwvkni5qcgc.jpgO Consello de Ministros aprobou un real decreto sobre o novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e medidas de impulso para a súa evolución tecnolóxica. A norma establece o marco xurídico e técnico para introducir no servizo da TDT de calquera ámbito territorial (estatal, autonómico e local) a tecnoloxía de transmisión DVB-T2, que permitirá xeneralizar as emisións con calidade de ultra alta definición (UHD). A tecnoloxía DVB-T2 incrementa de xeito importante a capacidade en cada múltiple dixital e permite, polo tanto, facer un uso máis eficiente do espectro radioeléctrico.
O proceso fixado para implantar esta evolución tecnolóxica implica a redistribución na organización das canles de televisión de ámbito estatal entre os diferentes múltiples dixitais, o que fai que quede libre unha parte da capacidade dun dos múltiples dixitais para unha nova canle de ámbito estatal, cuxa licenza sairá a concurso proximamente, ampliando así a oferta de canles de TDT.

Evolución tecnolóxica en dúas fases

O proceso levarase a cabo en dúas fases. Na primeira, o obxectivo é favorecer a implantación da tecnoloxía e que a cidadanía comece a recibir de maneira regular canles de TDT de ámbito estatal con calidade UHD. Estas canles UHD emitirán contidos simultáneos aos que xa se emiten noutros canles, polo que os cidadáns non deixarán de recibir ningunha canle nin contido. Así mesmo, nesta fase inicial levarase a cabo a adaptación do parque de receptores de TV para recibir tecnoloxía de transmisión DVB-T2 e emisións en calidade UHD.
Cando o parque de receptores de televisión dixital terrestre estea suficientemente adaptado, iniciarase a fase 2, que implicará a implantación global da tecnoloxía DVB-T2 e a calidade UHD en todos os servizos de TDT, tanto de ámbito estatal, autonómico como local.
Para garantir esta adaptación paulatina do parque de receptores, o novo Plan Nacional fixa datas concretas a partir das cales os equipos receptores que non reciban emisións con estes estándares técnicos non poderán ser comercializados en España, evitando así que a cidadanía poida adquirir equipos que non estean adaptados aos novos requirimentos técnicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?