Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prince of Persia: The Lost Crown chega a móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Prince of Persia: The Lost Crown chega a móbiles

Marcus Fernández
Publicado: 14/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

poptlcmobile_screenshots_mantico.jpgO marabilloso xogo Prince of Persia: The Lost Crown chega a dispositivos Android e iOS (cun prezo promocional ata o 5 de maio), acompañado dunha versión de proba de balde que permite acceder á introdución do xogo. Este galardoado xogo de plataformas de acción e aventura pode xogarse en mobilidade sen necesidade de conexión á Internet, tanto con mando externo como con controis táctiles, e alcanza os 60 fotogramas por segundo nos dispositivos móbiles máis recentes.
Ambientado no mundo mitolóxico do Monte Qaf, Prince of Persia: The Lost Crown mete ao usuario na pel de Sargon, un mozo guerreiro pertencente ao grupo de elite coñecido como Os Inmortais. A súa misión é rescatar o príncipe Ghassan, que foi secuestrado, e devolver o equilibrio a unha terra outrora maxestosa e agora maldita. Como Sargon, haberá que empregar poderes temporais, habilidades de combate e destrezas acrobáticas para enfrontarte a inimigos corrompidos polo tempo e a criaturas mitolóxicas. Tamén haberá que resolver quebracabezas, atopar tesouros ocultos e completar misións para descubrir os segredos do Monte Qaf.
A adaptación móbil, realizada polo estudo Ubisoft Da Nang, inclúe funcións exclusivas como a toma automática de pocións, paradas automáticas e opcións para ralentizar o tempo, así como outras melloras pensadas para a experiencia de xogo en dispositivos móbiles. Ademais, mantense a totalidade das funcións de accesibilidade do xogo orixinal, galardoado co premio á innovación en accesibilidade nos The Game Awards 2024.


Tráiler de lanzamento da versión móbil de Prince of Persia: The Lost Crown

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?