Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole anuncia a XIII edición do seu campamento tecnolóxico de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole anuncia a XIII edición do seu campamento tecnolóxico de verán

Redacción
Publicado: 19/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

drons_1_campamento.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), promove un ano máis o seu campamento tecnolóxico de verán T2W (Tecnópole Technological Workshops), que chega á súa décimo terceira edición en colaboración coa Consellería de Economía e Industria.
A actividade, centrada na divulgación científica de calidade para a mocidade, está dirixida a 80 rapaces de entre 12 e 18 anos (de 6º de Primaria a 2º de Bacharelato), repartidos en dúas quendas de 40 participantes. A primeira terá lugar do 30 de xuño ao 4 de xullo, e a segunda do 7 ao 11 de xullo, en horario de 10:00 a 18:00 horas. As inscricións deben formalizarse vía web.
O éxito do módulo Voamos con números: unha aventura aérea, desenvolvido ao longo do curso escolar na Aula Newton Galicia (situada no propio parque), levou a Tecnópole a estruturar o campamento arredor desta mesma metodoloxía e recursos.
Durante os obradoiros, os participantes poderán pilotar simuladores de voo profesionais, crear plans de voo, iniciarse na montaxe e manexo de drons, na programación de placas electrónicas e na creación de prototipos mediante impresión 3D. O enfoque será eminentemente práctico e experimental, cun programa que introduce conceptos básicos de aviónica e electrónica ligados ao sector aeroespacial.
O custo da actividade é de 150 euros, e inclúe todas as actividades, materiais tecnolóxicos e científicos, transporte desde distintos puntos da cidade de Ourense, comida e acceso diario ás piscinas do Parque.
A través desta proposta, Tecnópole busca que os mozos adquiran novos coñecementos no ámbito STEM e que desenvolvan actitudes como a curiosidade, a iniciativa e o espírito emprendedor. O Parque Tecnolóxico leva anos apostando por fomentar vocacións investigadoras e innovadoras entre a xuventude.


Vídeo no que amosan o módulo Voamos con números

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?