Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O xogo para móbiles de Resident Evil estará ambientado nun universo paralelo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O xogo para móbiles de Resident Evil estará ambientado nun universo paralelo

Redacción
Publicado: 11/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

survival_unit_01.jpgJoyCity anunciou este 11 de xullo o lanzamento oficial e o comezo da campaña de rexistro anticipado de Resident Evil Survival Unit nas tendas de aplicacións para Android e para iOS, un novo xogo para móbiles desenvolvido en colaboración coa compañía xaponesa Aniplex e baseado no universo de Resident Evil, a recoñecida franquía de Capcom.
Este novo título aposta por un enfoque estratéxico ambientado nun mundo paralelo ao da historia orixinal. Mantén o espírito da saga pero introduce unha narrativa inédita que combina mecánicas de supervivencia, planificación táctica e un alto nivel de inmersión.
survival_unit_02.jpg Durante a presentación oficial en liña, JoyCity revelou detalles clave do xogo: os xogadores acompañarán personaxes icónicos da serie como Leon, Claire ou Jill nunha loita pola supervivencia nun entorno hostil e cambiante. A historia comeza cando o protagonista esperta nun hospital e debe fuxir, nun contexto onde tamén se integran elementos como a xestión dun campamento base, o comercio con personaxes clásicos como o mercador de armas, e outras situacións recoñecibles polos seareiros da saga.
Un dos principais atractivos será a participación do prestixioso artista Yoshitaka Amano como deseñador convidado. Amano contribuíu co deseño dunha nova criatura orixinal chamada Mortem, que xa xerou expectación entre a comunidade de xogadores.
Resident Evil Survival Unit ten previsto un lanzamento global simultáneo na segunda metade de 2025.


Vídeo de presentación do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?