Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea presenta un prototipo de aplicación de verificación de idade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea presenta un prototipo de aplicación de verificación de idade

Redacción
Publicado: 15/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

caroline_stage__henna_virkkunen_p067550-786562.jpgA Comisión Europea fixo públicas unhas directrices específicas para a protección dos menores no ámbito dixital, xunto cun prototipo dunha aplicación de verificación de idade, no marco do Regulamento de Servizos Dixitais (DSA). O obxectivo destas iniciativas é garantir que nenos e mozos poidan seguir aproveitando as oportunidades que ofrece a Internet, como a aprendizaxe, a creatividade ou a comunicación, minimizando ao mesmo tempo os riscos que entraña a exposición a contidos e condutas prexudiciais.
As directrices para a protección dos menores buscan asegurar altos niveis de privacidade, seguridade e benestar nas plataformas en liña, tras un proceso participativo que incluíu achegas de expertos e da propia mocidade. Entre as medidas propostas, recoméndase limitar prácticas de deseño que estimulan un uso aditivo das plataformas, promover ferramentas que permitan bloquear ou silenciar usuarios, evitar que os menores sexan engadidos a grupos sen consentimento e impedir a descarga ou captura de contido compartido por eles. Tamén se pide que os sistemas de recomendación dean máis peso ás preferencias explícitas dos usuarios novos fronte ao seguimento do seu comportamento de navegación. No que respecta á privacidade, suxírese configurar de xeito predeterminado as contas dos menores como privadas, para evitar o contacto non desexado con persoas alleas ao seu círculo.
Estas recomendacións seguen un enfoque baseado no risco, como establece a propia DSA, recoñecendo que as plataformas poden expor os menores a perigos diferentes segundo a súa natureza, tamaño ou finalidade. Por iso, as medidas propostas deben ser proporcionadas e non restrinxir indebidamente os dereitos dos menores.

Un prototipo de aplicación de verificación de idade

caroline_stage__henna_virkkunen_p067550-164310.jpg Xunto ás directrices, a Comisión presentou tamén un prototipo de aplicación de verificación de idade, deseñado para garantir un estándar elevado de protección da privacidade. Esta ferramenta permitirá aos usuarios demostrar, por exemplo, que son maiores de idade para acceder a contidos restrinxidos, sen ter que revelar a súa identidade nin a súa idade exacta. A aplicación, que non permitirá rexistrar nin rastrexar o contido consultado, desenvolverase en colaboración cos Estados membros e coas plataformas dixitais. Os primeiros países en participar serán Dinamarca, Grecia, España, Francia e Italia, que traballarán co executivo europeo para adaptar a solución a nivel estatal, ben sexa como aplicacións autónomas ou integradas noutras ferramentas estatais.
Este sistema de verificación baséase nas mesmas especificacións técnicas das futuras Carteiras Europeas de Identidade Dixital (eID), previstas para finais de 2026, o que garante a compatibilidade e unha futura integración desta funcionalidade nun marco europeo máis amplo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?