Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RoboCop: Rogue City, Grounded 2 e Faming Simulator 25 estarán en Game Pass
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

RoboCop: Rogue City, Grounded 2 e Faming Simulator 25 estarán en Game Pass

Redacción
Publicado: 15/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_16x9_7.15.2025_en-us-e3c82348a32454da1631_detalle.jpgO catálogo de Xbox Game Pass amplíase este mes con propostas moi diversas, que van desde a acción trepidante ata a supervivencia creativa, pasando pola sátira cósmica ou a vida no campo. A variedade de títulos dispoñibles promete satisfacer a todo tipo de xogadores, tanto se prefiren xogos en solitario como experiencias cooperativas.
A primeira gran novidade é o regreso de High On Life, xa dispoñible para os subscritores das distintas modalidades do servizo. Neste shooter cómico e irreverente, a humanidade está en perigo debido a un cartel alieníxena que pretende usala como droga. O xogador terá que facer fronte á ameaza xunto a un elenco de armas parlantes tan carismáticas como imprevisibles para enfrontarse ao líder Garmantuous e salvar o planeta.
robocop_apps.47903.jpg A partir do 17 de xullo, comezan a chegar novas incorporacións. Ese día únese ao catálogo RoboCop: Rogue City, un reputado shooter en primeira persoa que permite meterse na pel do mítico ciberpolicía para combater o crime en Old Detroit. A mesma xornada estará dispoñible tamén My Friendly Neighborhood, unha proposta de terror e misterio ambientada nunha versión corrompida dun programa infantil protagonizado por monicreques. O xogador interpretará a un reparador chamado Gordon, enviado a descubrir que está a fallar nun estudio de televisión onde todo se volveu sinistramente estraño.
O 18 de xullo será a quenda de Back to the Dawn, un xogo de rol centrado nunha fuga dunha prisión de máxima seguridade, onde cada personaxe ten un pasado oculto e unha axenda propia. O obxectivo é sobrevivir, investigar e escapar antes de que se esgote o tempo. Uns días despois, o 22, chegará Abiotic Factor, unha experiencia de supervivencia e elaboración cooperativa ambientada nunha base científica subterránea en plena crise interdimensional. Está pensado para un máximo de seis xogadores que deberán colaborar para sobrevivir entre perigos paranormais e unha ofensiva militar.
O día 23 presentarase Wheel World, unha aventura de mundo aberto protagonizada por Kat, unha moza ciclista que debe salvar o seu mundo pedaleando entre paisaxes fermosas, carreiras esixentes e segredos agochados. O 24 será a quenda de Wuchang: Fallen Feathers, un xogo de rol de acción ao estilo Souls ambientado nos derradeiros días da dinastía Ming, cunha protagonista que loita contra o esquecemento e unha maldición mentres perfecciona as súas habilidades de combate.
grounded_2_apps.16286.jpg Para rematar o mes, o día 29 estará dispoñible en acceso anticipado Grounded 2, a secuela do popular xogo de supervivencia en miniatura. Desta volta, o parque é aínda máis grande, con novas monturas insecto, desafíos e misterios por descubrir. E xa en agosto, o día 1 chega Farming Simulator 25, que propón construír unha granxa propia en paisaxes rurais inspiradas en América do Norte, Europa Central ou Asia Oriental. A experiencia é personalizable e admite xogo cooperativo, permitindo cultivar, criar gando ou explorar un entorno natural co tempo e ao ritmo que se desexe.
Ademais dos xogos, os subscritores de Game Pass Ultimate e PC Game Pass tamén poderán gozar de beneficios adicionais a partir do 30 de xullo. En Fragpunk, desbloquearán todos os Lancers actuais e un paquete de armas con efectos especiais que se renovará cada catro meses. Por outra banda, Asphalt Legends Unite ofrecerá un agasallo exclusivo composto por un coche especial, varios sobres de cartas e medio millón de créditos para mellorar os vehículos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?