Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprenden accións legais contra un youtubeiro por analizar consolas retro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Emprenden accións legais contra un youtubeiro por analizar consolas retro

Redacción
Publicado: 17/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

francesco_salicini_consolas_retro.jpgFrancesco Salicini, administrador da canle de YouTube Once Were Nerd, anunciou que podería acabar en xuízo e mesmo en prisión por publicar vídeos analizando consolas portátiles con Android que ás veces se venden con xogos clásicos preinstalados. A súa situación, que está a xerar preocupación na comunidade de creadores de contido centrado nos videoxogos, podería marcar un precedente perigoso nun contexto no que a lexislación sobre dereitos de autor segue sen adaptarse ao panorama dixital actual.
Salicini asegura que o pasado 15 de abril a Guardia di Finanza rexistrou a súa vivenda e oficina, incautando máis de 30 consolas, incluídas unidades de marcas como Anbernic, Powkiddy e TrimUI. Tamén lle foi requisado o seu teléfono móbil, que non lle foi devolto ata dous meses despois.
O motivo da intervención estaría vinculado co artigo 171 ter da Lei italiana de Dereitos de Autor, redactada en 1941, que contempla penas de ata tres anos de cadea e multas de ata 15.000 euros para quen distribúa ou promova contido protexido sen licenza. A denuncia, que aínda se atopa en fase de investigación, menciona explicitamente ás compañías Nintendo e Sony, aínda que podería ter sido impulsada directamente polo Ministerio de Economía e Facenda italiano. Mentres a investigación non remate, a lexislación do país non obriga a informar formalmente ao denunciado nin sobre os cargos concretos nin sobre quen os presenta.
A pesar de que a emulación é legal, a distribución de ROM segue a situarse nunha zona gris xurídica. As consolas que Salicini analizou nos seus vídeos ás veces inclúen tarxetas microSD con xogos precargados, feito que podería estar na base da denuncia. Con todo, o youtubeiro insiste en que nunca promocionou estes dispositivos nin empregou ligazóns de afiliación, e que nos seus vídeos sempre advertiu que estas consolas deben utilizarse unicamente por quen posúa legalmente os xogos.
A situación tense agravado co bloqueo preventivo das súas canles en redes sociais por parte das autoridades, o que lle impide continuar coa súa actividade, mesmo para contidos que non teñen relación coa investigación. Para facer fronte aos gastos legais, Salicini puxo en marcha unha campaña de recadación de fondos.
A situación legal dos emuladores de consolas clásicas e máquinas recreativas foi sempre complicada, e normalmente só se persegue cando os dispositivos emulados corresponden con sistemas que seguen en fase comercial, polo que sorprende esta causa en Italia, especialmente sen que antes houbese ningún tipo de medida contra a canle de YouTube do denunciado (como presentar unha reclamación de copyright na plataforma ou contactar co creador solicitando a retirada dos contidos polémicos).


Vídeo no que Salicini explica o acontecido

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?