Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco firmas da BF ClimaTech presentan solucións para transformar a xestión de recursos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco firmas da BF ClimaTech presentan solucións para transformar a xestión de recursos

S. P.
Publicado: 18/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

clausura_i_edicion_bfclimatech_1_.jpgA primeira aceleradora de empresas do ámbito ambiental e a economía circular de Galicia, Business Factory (BF) ClimaTech, impulsada pola Xunta e polo Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), celebrou este venres 18 no Biopolo Sionlla, en Santiago de Compostela, o acto de clausura da súa primeira edición baixo o título Ideas que transforman Galicia.
Agrolinera, Arraigo, airCO2, Bioaqua e Wastex son as cinco startups participantes desta primeira convocatoria. Ao longo dos últimos nove meses estiveron acompañados e mentorizados por empresas tractoras, referentes nos seus ámbitos, que lles achegaron coñecemento, dedicación e recursos. Ademais, tiveron a oportunidade de asistir a formacións especializadas, feiras sectoriais nacionais e internacionais, e ter encontros con entidades inversoras.
A apertura do acto foi da man de Josefa de León, presidenta de Viratec, quen destacou a importancia das iniciativas como a BF ClimaTech para mellorar a transferencia de coñecemento e facer máis competitivo o sector ambiental.
Pola súa banda, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, puxo en valor o modelo colaborativo da aceleradora, que combina talento emprendedor, apoio científico e implicación do tecido empresarial e financeiro.
A continuación, celebrouse unha mesa redonda onde representantes das cinco startups compartiron as súas experiencias. Verónica Menéndez, de Agrolinera; Marcos González, de Arraigo; Pío Iglesias, de airco2; Camila Rey, de Bioaqua, e Álvaro Gómez, de Wastex, coincidiron que participar nesta aceleradora ademais de darlles visibilidade, permitiulles escalar e afianzar os seus proxectos no mercado ambiental.
Cinco ideas transformadoras
– Xestión de residuos gandeiros. Agrolinera emprega tecnoloxía propia IoT (Internet das Cousas) que permite a gandeiros e pequenos produtores xestionar os seus residuos orgánicos (xurros, soro lácteo etc.) de forma eficiente, facilitando a súa valorización en plantas de biogás e/o aproveitamento agronómico.
– Redefinindo os estándares de construción. Arraigo encargase do deseño e construción de vivendas pasivas mediante a fabricación industrializada de entramado lixeiro de madeira, apoiando así a descarbonización do sector.
– Simplificación no cálculo da pegada de carbono. A través dunha plataforma tecnolóxica certificada, airCO2 encárgase da xestión da pegada de carbono para que calquera empresa poida medir, reducir e compensar o seu impacto climático, cunha solución accesible, automatizada e aliñada cos estándares internacionais.
– Biotecnoloxía no ámbito da auga. O proxecto Bioaqua, que forma parte da firma Bionanda Solutions, consiste na redución de contaminantes nas augas para a súa posterior reutilización mediante o uso de microorganismos eficientes.
– Tecnoloxía que promove a circularidade no sector téxtil. Wastex desenvolve solucións tecnolóxicas para a industria téxtil, tanto a nivel de hardware como de software, que promoven a circularidade, transparencia e eficiencia produtiva.
Agroamb, Finsa, Gestán Conteco, Sogama, Vertex Bioenergy e Viaqua foron as empresas tractoras desta primeira edición, e que repiten o seu papel na segunda edición, vixente actualmente, á cal uníronse tamén COREGAL, EMALCSA, FEUGA E Valtalia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?