O ano pasado celebrouse en Madrid La Velada del Año IV, un evento organizado polo streamer Ibai Llanos, no que se desenvolven varios combates de boxeo afeccionado protagonizado por influentes acompañados por moito espectáculo e actuacións musical, conseguindo superar os 3,8 millóns de espectadores simultáneos en Twitch, marca que vén de ser superada amplamente na quinta edición do evento, con máis d e14 millóns de dispositivos conectados durante a emisión e un pico de 9,3 millóns de espectadores simultáneos.
La Velada del Año V é así a retransmisión de Twitch máis vista da historia, sorprendendo non só polos picos de audiencia, senón por ser capaz de manter a uns 6 millóns de espectadores durante as máis de 7 horas que durou o encontro que tivo lugar en Sevilla, con 80.000 espectadores presenciais.
Aínda que o forte do evento é o seu directo, Ibai tamén comparte en YouTube os cortes coas actuacións musicais (de Melendi, Grupo Frontera, Los del Río, De la Rose, Eladio Carrión, Aitana, Myke Towers e Dei V) e os combates, sorprendendo bastante que interpretacións musicais apenas están a captar a atención, mentres que os combates máis relevantes superan os 5 millóns de reproducións.
Con esta serie de eventos anuais Ibai Llanos está a demostrar o potencial que teñen as plataformas dixitais para ocupar o espazo da televisión para os eventos en directo, tanto á hora de captar espectadores como anunciantes (elemento clave para a viabilidade económica do proxecto).
Vídeo de La Velada del Año V

