Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Wuchang: Fallen Feathers vai camiño de corrixir os seus problemas de rendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Wuchang: Fallen Feathers vai camiño de corrixir os seus problemas de rendemento

Marcus Fernández
Publicado: 28/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

039bb78728fa990205067454ed900695.jpgO estudio chinés Leenzee vén de publicar un ambicioso plan de actualización e optimización para Wuchang: Fallen Feathers, o seu xogo de rol de acción estilo Souls ambientado na dinastía Ming. A medida chega como resposta directa ás numerosas críticas e problemas detectados desde o lanzamento oficial o pasado 24 de xullo, cando o xogo alcanzou un pico de 131.518 xogadores simultáneos en Steam.
Nun comunicado dirixido á comunidade, o equipo de desenvolvemento recoñeceu os erros e prometeu solucións concretas. «A vosa experiencia e opinións son a base máis valiosa para nós», sinalan, mentres agradecen a paciencia e apoio da base de xogadores.
ss_181ddb23db2768c9b59b0a445a691215df43ccd2.jpg Entre os puntos máis destacados da folla de ruta están as melloras no rendemento, a revisión do equilibrio de xogo e a compensación para os usuarios que reservaron o título, especialmente os que adquiriron a Deluxe Edition. Estes últimos recibirán, ademais do traxe compensatorio inicial, tres novos conxuntos de vestimenta e catro armas adicionais. Tanto os posuidores da edición estándar coma da deluxe recibirán tamén tres complementos para a cabeza.
No plano técnico, o equipo traballa na resolución de fallos críticos, como erros de rendemento e interrupcións nas misións provocadas por obxectos desaparecidos. Outras melloras xa en marcha inclúen a optimización das taxas de fotogramas, axustes na dificultade de xefes e trampas, melloras na IA dos inimigos e na calidade das texturas en áreas de baixa resolución. O estudio promete continuar escoitando á comunidade mentres avanza nas tarefas de corrección.
ss_fba15d254ba576149c9835e5e968286d57af31c3.jpg Ambientado nas terras devastadas de Shu, Wuchang: Fallen Feathers sitúa o xogador na pel de Bai Wuchang, unha guerreira pirata sen memoria que loita contra unha praga que transforma os humanos en monstros. Con múltiples finais baseados nas decisións do xogador, unha ambientación histórica densa e un sistema de combate dinámico, o título prometía ser unha das grandes apostas do verán. Porén, o seu lanzamento accidentado obrigará a Leenzee a demostrar que é capaz de cumprir coas súas promesas e gañar de novo a confianza dos xogadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?