Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En outubro teremos un novo videoxogo de Astérix e Obélix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

En outubro teremos un novo videoxogo de Astérix e Obélix

Redacción
Publicado: 29/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

asterixobelix_babylone_keyart.jpgMicroids anunciou que o vindeiro 30 de outubro chegará a Nintendo Switch, PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC o videoxogo Astérix & Obélix: Misión Babilonia, desenvolvido por Balio Studio. Nesta ocasión, os dous irredutibles galos deixan atrás a súa Armorica natal para emprender unha misión épica nos confíns do Imperio Parto.
A historia lévaos ao corazón do Oriente, onde deberán salvar o rei Monipehni, envenenado polo perverso mago Embrouillahmini. Para atopar o antídoto, Astérix e Obélix cruzarán terras descoñecidas, recollerán ingredientes misteriosos e, como non podía ser doutro xeito, repartirán labazadas entre os soldados romanos que se crucen no seu camiño.
asterix_mission_babylone_screen1.jpg O xogo aposta por unha experiencia divertida e accesible, tanto en solitario como en modo cooperativo local, aproveitando as habilidades complementarias de Astérix e Obélix. Os xogadores poderán explorar catro mundos completamente novos, con ambientes visuais únicos, mecánicas propias e retos específicos. Desde desertos abrasadores ata os recunchos enigmáticos da antiga Babilonia, os escenarios están cheos de detalles e referencias á clásica banda deseñada.
asterix_mission_babylone_screen2.jpg Con combates dinámicos, enfrontamentos contra xefes espectaculares, niveis rexogables e segredos agochados, Misión Babilonia promete unha experiencia tan explosiva como divertida. Todo iso mantendo o humor irreverente e o espírito inconfundible do universo de Astérix.
O xogo incluirá máis dunha vintena de niveis, múltiples inimigos, desafíos variados e moitas oportunidades para facer voar a lexión romana polos aires.


Tráiler de presentación do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?