Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O estudio madrileño Aheartfulofgames prepara o seu peche
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O estudio madrileño Aheartfulofgames prepara o seu peche

Redacción
Publicado: 29/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tmnt_mu_fob_ka_002-2.jpgAheartfulofgames, o estudio madrileño responsable do xogo Ninja Turtles: Mutantes Desencadenados, anunciou que se atopa ante un inminente peche despois de que a súa propietaria, Outright Games, comunicase a súa intención de despedir os 28 traballadores que conforman o equipo.
A decisión foi denunciada publicamente a través da Coordinadora Sindical de Videoxogos (CSVI), vinculada á CGT, entidade que detalla que Aheartfulofgames fora adquirida pola editora británica Outright Games en 2022 e conseguiu entregar o xogo das Tartarugas Mutantes en prazo e sen incidencias, cumprindo coas expectativas comerciais marcadas pola editora. En agosto de 2024, comezaron a traballar nun novo proxecto a petición de Outright, malia que a licenza aínda non estaba confirmada. O desenvolvemento foi interrompido en xaneiro de 2025, segundo indican, por falta de interese do cliente.
mutants_pc_20240426-192537x4-1-s.jpg Tras un cambio de dirección en Outright Games, a prioridade pasou a centrarse en proxectos de baixo custo e rápida execución. Aheartfulofgames asegura que en febreiro iniciaron o deseño dun proxecto máis ambicioso e, en paralelo, doutro de menor alcance co obxectivo de asegurar novos acordos. Porén, en abril foron informados de que ambos quedaban cancelados, sen explicacións, aínda que un deles xa estaba avanzado. A empresa matriz, mentres tanto, realizaba novas adquisicións e contratacións estratéxicas.
mutantes_ss_b5162ebb4b420bf3d7c5fff9a76abd03e49693e1.jpg O estudio afirma que a comunicación interna foi minguando ata desaparecer por completo en maio, cando foron excluídos dunha reunión corporativa. En xuño recibiron unha comunicación verbal sobre o peche do estudo.
Tamén denuncian que proxectos como Dora Rainforest Rescue ou Bratz: Rhythm and Style foron encargados a terceiros, a pesar de que o equipo de Aheartfulofgames estaba dispoñible. «Non se ofreceu ningunha alternativa nin opción de recolocación. Non existe xustificación operativa nin económica para destruír 28 empregos», conclúen, anunciando a creación dunha sección sindical coa intención de defender os seus dereitos e a súa dignidade laboral.


Tráiler do xogo das Tartarugas Mutantes desenvolvido por Aheartfulofgames

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?