Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mark Zuckerberg quere que a futura intelixencia artificial estea baixo o control das persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mark Zuckerberg quere que a futura intelixencia artificial estea baixo o control das persoas

Redacción
Publicado: 30/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

zuck_personal_superintelligence.jpgO máximo responsable de Meta, Mark Zuckerberg, vén de presentar a súa visión para a vindeira etapa da intelixencia artificial: a superintelixencia persoal. A través dunha carta publicada no sitio web da compañía, Zuckerberg defendeu a idea de que o verdadeiro potencial da IA non reside unicamente na automatización do traballo, senón na capacidade de poñer ferramentas avanzadas ao servizo de cada individuo.
«Nos últimos meses empezamos a ver como os nosos sistemas de IA melloran por si sós. O progreso aínda é lento, pero innegable», asegura Zuckerberg. Con isto como punto de partida, a compañía propón unha nova etapa de desenvolvemento tecnolóxico centrada na axuda personalizada: intelixencias artificiais que coñezan en profundidade a cada usuario, comprendan os seus propósitos e o acompañen no día a día, dende tarefas cotiás ata experiencias creativas ou relacións persoais.
Zuckerberg establece un claro contraste con outras empresas do sector, ás que acusa implicitamente de promover un modelo centralizado, baseado en substituír o traballo humano por sistemas automáticos e distribuír despois os beneficios. «En Meta cremos que o progreso sempre chegou cando as persoas puideron perseguir os seus propios soños», subliña.
A tecnoloxía necesaria para facer realidade esta visión inclúe dispositivos persoais como lentes intelixentes, capaces de ver e escoitar o mesmo que o usuario e interactuar con el ao longo do día. Para Zuckerberg, estes aparellos converteranse nos principais instrumentos de computación, superando incluso aos actuais ordenadores e móbiles.
O executivo tamén recoñece os desafíos que implica a superintelixencia, especialmente no eido da seguridade e a responsabilidade. Aínda así, avoga por un modelo aberto e accesible, no que o poder destas tecnoloxías se reparta do xeito máis amplo posible.
A carta conclúe cunha chamada á acción: «O que queda desta década será decisivo para determinar se a superintelixencia será unha ferramenta de empoderamento persoal ou un mecanismo para substituír a grandes sectores da sociedade». Meta, segundo Zuckerberg, está decidida a liderar esta transición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?