Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Switch 2 dispara os resultados trimestrais de Nintendo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Switch 2 dispara os resultados trimestrais de Nintendo

Redacción
Publicado: 01/08/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

switch2_3millons_4dias.jpgO lanzamento da Nintendo Switch 2 tivo un impacto inmediato nos resultados da compañía xaponesa, que vén de pechar o seu primeiro trimestre fiscal (abril-xuño de 2025) cun crecemento espectacular nas súas vendas. A nova consola superou os seis millóns de unidades vendidas en só sete semanas e, grazas ao seu maior prezo e á forte demanda mundial, contribuíu decisivamente a que os ingresos da compañía se duplicasen con respecto ao ano anterior.
En total, Nintendo facturou 572.300 millóns de iens neste período, un 132 % máis que no mesmo trimestre de 2024. A nova Switch 2 supuxo máis de 555.000 millóns, impulsando tamén a venda de xogos asociados, coma Mario Kart World, que chegou ao mercado acompañado da consola o 5 de xuño. Só nese lanzamento, superáronse os 3,5 millóns de unidades vendidas nos primeiros catro días.
switch2_6millons_7semanas.jpg A compañía celebrou eventos de presentación da Switch 2 en quince cidades de todo o mundo antes do seu lanzamento, nunha estratexia sen precedentes para Nintendo. A resposta do público foi masiva e, aínda que a demanda segue superando a oferta, a empresa asegura estar traballando para aumentar a produción e satisfacer a ansia pola nova consola.
switch2_firstparty_software.jpg O éxito da Switch 2 non fixo desaparecer o interese pola súa predecesora, que segue a ter un público fiel. Aínda que as vendas da Nintendo Switch orixinal caeron un 53 % interanual (0,98 millóns de unidades), a base de xogadores mantense por riba dos 100 millóns anuais, o que Nintendo considera un activo clave para o éxito das dúas plataformas a curto prazo.
No entanto, o aumento das vendas tivo tamén consecuencias nos beneficios. O incremento na proporción de consolas fronte a xogos (e o feito de que a Switch 2 teña unha marxe de beneficio menor ca a Switch orixinal) provocou unha caída da marxe bruta, que pasou do 61,8 % ao 32,3 %. Malia iso, o beneficio neto medrou ata os 96.000 millóns de iens, grazas en parte á venda de activos financeiros.
switch2_firstparty_titles.jpg De cara ao resto do ano fiscal, Nintendo mantén as previsións que xa avanzara en maio, cun obxectivo de 15 millóns de unidades da Switch 2 e 45 millóns de xogos vendidos para esa plataforma. Ademais, a compañía prepara unha batería de lanzamentos destacados, tanto para Switch como para Switch 2, entre os que se inclúen novos títulos de Pokémon, Metroid Prime 4: Beyond, Tomodachi Life ou Rhythm Heaven Groove, ademais das edicións melloradas para Switch 2 de xogos anteriores como The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom.
A expansión do universo Nintendo non se limita ás consolas: en maio abriron unha nova tenda oficial en San Francisco e un novo parque temático de Super Nintendo en Orlando, e para outubro xa teñen data para o retorno de Nintendo Live en Tokio. A compañía segue a apostar por reforzar o contacto directo co público e manter o atractivo das súas marcas máis aló do mundo dos videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?