Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertas as inscricións para o concurso de cosplay do salón Lérez Up 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Abertas as inscricións para o concurso de cosplay do salón Lérez Up 2025

S. P.
Publicado: 01/08/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lerez_up_concurso_cosplay1.jpgA feira Lérez Up, o salón do videoxogo e a cultura friki de Pontevedra, abriu xa as inscricións para unha das súas actividades máis esperadas: o Concurso de Cosplay, que se celebrará o sábado 13 de setembro ás 17.00h no salón de actos do Recinto Feiral. O certame contará con distintas categorías, premios económicos e a participación dun xurado de excepción, formado por tres referentes da escena cosplay nacional: Skullcaramel, Puchiluh e Antifta.
Os premios inclúen un primeiro posto individual ou grupal dotado con 200 €, un segundo premio de 100 € e tres mencións especiais: ao mellor prop, patrocinado por Dixital Marketers (60 €); á mellor confección (50 €); e ao mellor cosplay infantil (merchandising e diploma). As inscricións son de balde e xa poden realizarse a través da web oficial do evento, no apartado de cosplay. O concurso está aberto tanto a cosplayers veteranos como a persoas que se adestran no mundo da caracterización. A competición celebrarase sobre un escenario ante máis de 300 persoas e valoraranse tanto o deseño e acabado dos traxes como a interpretación da personaxe.
En setembro no Recinto Feiral de Pontevedra
lerez_up_concurso_cosplay5.jpg O salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra, o evento Lérez Up, celebrarase os días 13 e 14 de setembro no Recinto Feiral da cidade e contará de novo coa colaboración do Concello de Pontevedra e da asociación Gaming Troop.
O evento confirma “unha edición chea de propostas para todos os públicos”, que van desde torneos de videoxogos ata cosplay, xogos de mesa, actividades de cultura xaponesa e máis.
A zona de xogos de mesa regresa da man da asociación Rotting Pizza con máis contido que nunca: haberá xogo libre, torneos de Catan, Warcrow e Punkapocalyptic (dous xogos de miniaturas de temáticas de fantasía e post-apocalipsis), un obradoiro de pintura, un espazo de prototipos de xogos e creadores emerxentes, e tamén mesas de rol para mergullarse neste tipo de partidas.
Na zona Idol Games, o público poderá participar en xogos de adiviñanzas como audiotrivial, bingotaku, adiviña a personaxe, ou karaoke libre, e moitas sorpresas máis pensadas para a comunidade friki.
Un ano máis, participa a asociación pontevedresa Pontelabs, que promove a filosofía maker, e que traerá ao salón algúns dos seus proxectos feitos con impresoras 3D e ofrecerá un obradoiro para pintar figuras Pokémon, unha actividade pensada para público familiar e amante da personalización.
Repiten asistencia tras o seu paso en anos anteriores Escuadrón SAS cunha zona temática do universo Star Wars, onde o público poderá construír o seu sabre de luz, aprender técnicas de combate Jedi e participar en duelos e torneos intergalácticos.
A programación de videoxogos complétase cunha ampla lista de torneos oficiais, que inclúe títulos tan esperados como Mario Kart World (na nova Nintendo Switch 2), Fortnite, League of Legends, Valorant, Super Smash Bros Ultimate, Just Dance e Tekken 8.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?