Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

Redacción
Publicado: 24/11/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Despois de debutar en PlayStation 5 e PC o 6 de febreiro de 2026, Nioh 3 chegará a Xbox Series X|S o 28 de xaneiro de 2027. O lanzamento suporá a primeira aparición da franquía nas consolas de Microsoft, que recibirán tanto a edición estándar como Nioh 3: Complete Edition.

A nova entrega de Team Ninja mantén a fórmula de xogo de rol de acción con ambientación no Xapón feudal, combinando referencias históricas con elementos sobrenaturais. A aventura sitúa o xogador no papel de Tokugawa Takechiyo, cuxo ascenso se ve ameazado polo seu irmán menor, que encabeza unha rebelión apoiada por un exército de yokai. O espírito protector Kusanagi permite viaxar a distintas épocas e explorar escenarios de diferentes períodos históricos.

O combate articúlase arredor de dous estilos que se poden alternar durante os enfrontamentos. A modalidade samurai aposta polas posicións de combate, o manexo das armas e as combinacións de golpes, mentres que o estilo ninja prioriza a velocidade, a mobilidade e os ataques aéreos. A exploración desenvólvese en áreas abertas que permiten afrontar os desafíos en distintas ordes.

O arsenal inclúe espadas, arcos, armas de fogo, machadas, lanzas e armas de puño, xunto con técnicas de ninjutsu, maxia Onmyo e invocacións. A variedade de ferramentas e habilidades permite adaptar o estilo de loita aos distintos inimigos e xefes que aparecen ao longo da aventura.

Nioh 3: Complete Edition reúne o xogo principal coas súa dúas expansións, Hell Rising e Bloody Insurrection. Estes contidos adicionais incorporan novos capítulos argumentais, épocas e localizacións, ademais de xefes, armas, habilidades e desafíos destinados tamén ás fases avanzadas do xogo.

Entre as actividades adicionais está Battlefield of Carnage, un modo de combate estruturado en cen plantas nas que os xogadores deben superar sucesivas ondas de inimigos. A edición completa tamén integra os contidos das expansións no conxunto da experiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?