Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que Perplexity rouba contido da web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que Perplexity rouba contido da web

Redacción
Publicado: 04/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cloudflare_perplexity_image6.jpgCloudflare está a denunciar que Perplexity, o motor de busca conversarional baseado en intelixencia artificial, está a empregar tácticas furtivas para acceder a contidos de páxinas web que explicitamente lle negan o acceso mediante ficheiros robots.txt ou regras de control de tráfico. Segundo a compañía, Perplexity estaría ocultando a súa identidade mediante cambios de axente de usuario e redes de orixe, violando así as normas básicas de comportamento dos bots na web.
A acusación chega despois de que varios clientes de Cloudflare expresasen preocupacións ao ver que Perplexity seguía accedendo aos seus sitios malia ter bloqueado tanto PerplexityBot como Perplexity-User. Para verificar estas queixas, Cloudflare realizou probas creando dominios ficticios que non eran accesibles publicamente e que contaban con robots.txt que prohibía expresamente a actividade automatizada. A pesar diso, Perplexity foi quen de ofrecer información detallada sobre os contidos deses dominios, evidenciando que os estaba rastrexando malia as limitacións impostas.
Unha das prácticas máis cuestionadas foi o uso dun axente de usuario que simula ser Google Chrome en macOS para ocultar que se trata dun bot. Este comportamento foi detectado en millóns de solicitudes diarias a través de milleiros de dominios, empregando múltiples enderezos IP e ASN (redes autónomas) diferentes para dificultar a súa identificación.
A reacción de Cloudflare foi inmediata: eliminou a Perplexity da súa listaxe de bots verificados e actualizou as súas regras de protección para bloquear esta actividade encuberta. Tamén asegurou que calquera cliente que xa teña regras activas de xestión de bots está protexido, e ofrece ferramentas específicas, mesmo na súa versión gratuíta, para rexeitar este tipo de rastrexos.
En contraste, Cloudflare puxo como exemplo o comportamento de OpenAI, que si respecta as directrices de acceso mediante robots.txt e bloqueos a nivel de rede, e cuxo axente ChatGPT-User actúa de maneira transparente e conforme aos estándares propostos por organismos como o IETF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?