Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Heretic e Hexen volven nunha reedición mellorada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Heretic e Hexen volven nunha reedición mellorada

Redacción
Publicado: 08/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

heretic-hexen_bundle_banner.jpgHeretic + Hexen volve nunha edición definitiva que restaura, mellora e combina estes dous clásicos de fantasía escura en primeira persoa para plataformas actuais. Desenvolvidos orixinalmente por Raven Software e producidos por id Software en 1994 e 1995, Heretic e a súa secuela Hexen marcaron un fito ao mesturar a acción frenética dos shooters con elementos de rol, contribuíndo a que o xénero superase os seus orixes militares e de ciencia ficción.
ss_977fe39be34400dd9e5f737b882236a6cd10e8b1.jpg A nova versión está dispoñible para Xbox One, Xbox Series X|S, PlayStation 4, PlayStation 5, Nintendo Switch e PC, incluíndo Game Pass (requírese subscrición). Engade dúas campañas inéditas (Heretic: Faith Renewed e Hexen: Vestiges of Grandeur), multixogador multiplataforma tanto cooperativo como en partida a morte para ata 16 participantes, soporte para mods da comunidade, pantalla partida en todas as plataformas (para catro xogadores, ampliada a oito en Xbox Series X|S e PC) e compatibilidade total entre sistemas mediante códigos de sala.
54692147397_f895359885_4k.jpg Tamén incorpora a Raven Vault, un arquivo dixital con material de desenvolvemento dos xogos orixinais, e a posibilidade de alternar entre as bandas sonoras MIDI ou FM compostas por Kevin Schilder e a versión modernizada Tome of Power de Andrew Hulshult. Ademais, inclúe traducións a doce novos idiomas, entre eles español de España e de Hispanoamérica, portugués do Brasil, francés, alemán, italiano, polaco, ruso, xaponés, coreano e chinés (tradicional e simplificado), así como novas opcións de accesibilidade.
54692966621_457c12cacb_4k.jpg Quen xa posúa en Steam, Microsoft Store/Xbox para Windows ou GOG as versións orixinais de Heretic: Shadow of the Serpent Riders, Hexen: Beyond Heretic ou Hexen: Deathkings of the Dark Citadel recibirá de balde a actualización a Heretic + Hexen e manterá o acceso ás edicións clásicas.
O xogo ofrece resolucións e taxas de fotogramas optimizadas para cada plataforma (ata 4K e 120 FPS en PlayStation 5 e Xbox Series X|S), compatibilidade con teclado e rato mesmo en consola, e soporte para unha ampla gama de mandos. Nos modos para un xogador e multixogador local non é necesaria conexión a Internet, mentres que o multixogador en liña e o acceso ao explorador de mods requiren conta de Bethesda.net.


Tráiler de Heretic + Hexen

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?