Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Nintendo Switch 2 vén de xira por Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Nintendo Switch 2 vén de xira por Galicia

Redacción
Publicado: 12/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ns2_mkw_gira_v4.jpgNintendo traerá este verán a Galicia a súa nova consola coa parada do Nintendo Switch 2 Tour, unha xira que percorre 15 cidades españolas e que permitirá probar de balde algúns dos títulos máis recentes da compañía. A cita será en Sanxenxo, na praza Fonte de Ramos, os días 19, 20 e 21 de agosto, e en Vigo, na praza Porta do Sol, o 23, 24 e 25 de agosto, sempre entre as 17:00 e as 23:00 horas para aproveitar as horas máis frescas da tarde.
9705059202e54f78a29e0ade2e66fd58.jpg O protagonista principal será Mario Kart World, lanzado o pasado 5 de xuño xunto coa Nintendo Switch 2. Neste xogo, ata 24 participantes poden competir en carreiras por un mundo interconectado, utilizando todo tipo de trucos, atallos e obxectos para alcanzar a vitoria. As carpas do evento contarán con máis de 40 postos de xogo e diferentes modos de competición, ademais dun photocall para levarse un recordo en forma de fotografía.
gyd06yfw4aeq8ow.jpg Outro dos pratos fortes será Donkey Kong Bananza, estreado o 17 de xullo, unha aventura de plataformas e exploración protagonizada por Donkey Kong e Pauline, que combina acción, escenarios destrutibles e unha banda sonora de inspiración tropical. Ambos títulos inclúen modos de axuda para facilitar a experiencia a xogadores menos experimentados, así como opcións multixogador para compartir partidas.
O público tamén poderá probar outras novidades adaptadas a Nintendo Switch 2, como Hogwarts Legacy, The Legend of Zelda: Breath of the Wild – Nintendo Switch 2 Edition ou Street Fighter VI. Despois da súa visita a Galicia, a xira pechará en Valladolid do 28 ao 30 de agosto, tras máis de 2.500 quilómetros de percorrido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?