Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Claude AI axuda a aprender a programar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Claude AI axuda a aprender a programar

Redacción
Publicado: 14/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

claude_learning_gyu9jzfwiaeaw_d.jpgA empresa de intelixencia artificial Anthropic puxo en marcha novas funcións de aprendizaxe tanto para o servizo xeral Claude.ai como para a ferramenta especializada Claude Code. Estes modos transforman o chatbot dun simple xerador de respostas nun guía que aposta polo descubrimento guiado, nun momento no que as grandes tecnolóxicas compiten por dominar o crecente mercado da educación con IA e, ao mesmo tempo, intentan responder ás preocupacións de que estas ferramentas poidan minguar a aprendizaxe real.
O obxectivo das novas funcións non é substituír capacidades humanas, senón melloralas de maneira pensada e adaptada a diferentes perfís e usos, o que podemos ver como unha resposta a OpenAI, compañía que estreou o modo de estudo en ChatGPT hai poucas semanas
O novo modo de aprendizaxe de Claude emprega un enfoque socrático, animando o usuario a razoar mediante preguntas e non cunha resposta directa. Inicialmente dispoñible para usuarios de Claude for Education, agora chega a todos os perfís a través dun menú de estilo. No caso de Claude Code, hai dous modos diferenciados: un Explicativo, que narra decisións e compromisos de deseño de código, e outro De aprendizaxe, no que a IA deixa partes marcadas con #TODO para que sexa o programador quen as complete.
Anthropic defende que, aínda que estas funcións poidan ralentizar a produtividade inmediata, favorecen o desenvolvemento de habilidades a longo prazo, especialmente entre programadores novos que precisan comprender e depurar o código que producen.
As funcións baséanse en modificacións das indicacións de sistema, non en modelos adestrados especificamente, o que permite iterar rapidamente segundo o feedback dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?