Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Super Meat Boy ábrese a unha nova dimensión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Super Meat Boy ábrese a unha nova dimensión

Redacción
Publicado: 21/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smb3d-bf59a6a597867b8575b2.jpgO clásico xogo independente de plataformas Super Meat Boy, lanzado en 2010 e convertido nun título de culto pola súa dificultade extrema e o seu humor irreverente, regresa agora cunha nova entrega que aposta polas tres dimensións. A súa primeira demostración pública tivo lugar en Colonia durante a feira internacional de videoxogos gamescom 2025, onde deixou boas sensacións tanto a veteranos coma a novos xogadores.
smb3d_screenshot_2-8c30c1e2f7c5fcefe239.jpg Desenvolvido polo estudio alemán Sluggerfly, Super Meat Boy 3D conserva a esencia que fixo popular ao xogo orixinal: fases rápidas, cheas de obstáculos letais e un sistema de control que require precisión milimétrica. O protagonista segue a ser Meat Boy, que de novo terá que rescatar a Bandage Girl das gadoupas do malvado Dr. Fetus. A novidade principal está no paso ao espazo tridimensional, que multiplica as posibilidades de movemento e engade capas de complexidade ás mecánicas coñecidas.
smb3d_screenshot_4-81407f67673195ccc5fd.jpg A adaptación á 3D chega con solucións pensadas para non frustrar en exceso ao xogador. Un indicador circular baixo Meat Boy mostra o punto exacto no que vai aterrar, facilitando saltos a toda velocidade nun escenario no que a percepción de profundidade é clave. Pola súa banda, os niveis manteñen a estrutura de percorridos curtos e intensos, con inimigos e trampas que obrigan a aprender a base de erros, tal e como sucedía no título de 2010.
A parte visual tamén deu un salto importante. A estética combina escenarios recoñecibles (plataformas verdes e cavernas industriais) cun estilo máis moderno e detallado. As animacións engaden dinamismo e humor, con esquíos armados, lava que se derrama polas paredes ou novas e espectaculares formas de ver morrer a Meat Boy.
Segundo o que se puido ver en Colonia, Super Meat Boy 3D non pretende superar nin substituír ao xogo orixinal, senón expandilo con novas ideas sen perder autenticidade. Para quen xa xogou no seu día, esta entrega é unha benvida nostálxica cargada de novidades.
Está previsto que o xogo chegue a PC, PS5 e Xbox Series X|S a primeiros de 2026.


Vídeo de presentación de Super Meat Boy 3D

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?