Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A I+D+i galega terá un espazo nun congreso internacional en Suecia sobre innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A I+D+i galega terá un espazo nun congreso internacional en Suecia sobre innovación

Redacción
Publicado: 08/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gotemburgo_527185883_18515164837028637_1619567094112852280_n.jpgDiversos axentes da I+D+i galega participarán na 35ª edición do Annual EAIE Conference and Exhibition da Asociación Europea para a Educación Internacional, que terá lugar do 9 ao 12 de setembro en Gotemburgo (Suecia). A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabeza a delegación galega presente na feira a través da Axencia Galega de Innovación.
Galicia contará cun expositor institucional no que estarán representadas a Xunta de Galicia, as tres universidades públicas galegas e os centros tecnolóxicos que integran a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA). Será unha das poucas comunidades autónomas con delegación propia, reforzando así o posicionamento galego nos ámbitos da educación, a ciencia e a innovación.
O congreso da EAIE reúne cada ano entidades de máis dun cento de países e na última edición superou os 7.000 asistentes. Nesta ocasión, máis de 250 institucións –entre elas universidades, axencias estatais, departamentos de educación e outros axentes do sistema global de I+D+i– terán a oportunidade de debater sobre o futuro da educación, explorar novas vías de colaboración e impulsar alianzas no eido científico.

O talento investigador galego

A presenza galega nesta cita internacional enmárcase na campaña de proxección exterior do Goberno galego, que busca dar a coñecer as capacidades do sistema universitario e do ecosistema de I+D+i de Galicia, ademais de favorecer a atracción de talento á nosa comunidade, segundo recolle o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.
Ao longo deste ano, representantes galegos xa estiveron presentes en encontros internacionais como a feira Science for Industry en Madrid, o evento anual da Sociedade de Investigadores Españoles en Francia (SIEF) en París, as Feiras de Emprego de Bos Aires e Montevideo, o Foro Transfiere en Málaga, a XII Conferencia Anual da Marie Curie Alumni Association (MCAA) en Cracovia, o III Encontro ACEBRA da Asociación de Científicos Españois en Brasil, o XII SRUK/CERU International Symposium en Londres e o 5th Open Forum de Connects-UK.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?