Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CFA da Deputación de Lugo dá a benvida ao futuro do audiovisual galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CFA da Deputación de Lugo dá a benvida ao futuro do audiovisual galego

S. P.
Publicado: 08/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

080925_foto2_matricula_centro_formacion_audiovisual_da_deputacion.jpgO equipo directivo e docente do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo deu este luns 8 de setembro a benvida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción neste curso 2025-2026, no que, segundo informou a institución provincial, manterase o modelo de ensino público e de calidade que promove a entidade no seu centro educativo, “coas prácticas en escenarios reais e a gratuidade da matrícula como principais sinais de identidade”.
O alumnado de 1º, ademais de coñecer as instalacións da escola, recibiu información sobre a planificación do curso, horario e outros aspectos organizativos de interese. En canto aos estudantes de 2º, participaron nunha xornada de asesoramento sobre os módulo de Proxectos.
080925_foto1_matricula_centro_formacion_audiovisual_da_deputacion.jpgA escola de imaxe e son da Deputación inicia este novo curso coa totalidade de prazas cubertas en Realización, cun total de 20 novos mozos e mozas matriculados nesta especialidade. No caso de Produción, con vacantes aínda dispoñibles, manterase aberto o prazo de matrícula ata o mes de outubro. As persoas que estean interesadas poden acceder a toda a información sobre este ciclo na web provincial ou ben chamando ao número de teléfono do centro: 982 284 667.
O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual e a promoción do uso das novas tecnoloxías.
Iniciou o seu funcionamento no curso 2003/2004 e dende o curso 2007/2008 a Deputación de Lugo mantén a gratuidade da matrícula.
O CFA tamén inclúe Maiores 3.0 destinado aos lucenses da provincia de máis de 55 anos. O seu obxectivo é “promover o uso das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a calidade de vida e o benestar dos maiores con actividades que estimulen as súas habilidades mentais e físicas”.
A sede do Centro de Formación Audiovisual está na rúa Frai Plácido Rei Lemos, xunto ao parque Rosalía de Castro da capital da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?