Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A compostelá Tesla Technologies estará presente na IBC 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A compostelá Tesla Technologies estará presente na IBC 2025

Redacción
Publicado: 11/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tesla_technologies_ibc_02.jpgA empresa compostelá Tesla Technologies participará do 12 ao 15 de setembro na International Broadcasting Convention 2025, a feira mundial de referencia en tecnoloxía, medios e entretemento que se celebra no centro de congresos RAI de Ámsterdam. A compañía galega forma parte do proxecto Changing the game… Again, unha iniciativa chamada a revolucionar a personalización de contidos no ámbito da radiodifusión.
A proposta, seleccionada como Proxecto Incubadora Especial 2025, permitirá que os espectadores deportivos accedan a unha experiencia hiperpersonalizada, converténdose en parte activa do encontro. Grazas á tecnoloxía de intelixencia artificial desenvolvida por Tesla Technologies en colaboración con Xansr Media, será posible analizar en tempo real un partido e xerar resumos personalizados, momentos destacados ou datos instantáneos adaptados a cada usuario. O sistema perfila as preferencias do espectador, recoñecendo desde o equipo favorito ata xogadores concretos, e permite formular preguntas directas á IA, como quen foi o mellor xogador dos últimos dez minutos ou cales foron as xogadas máis relevantes.
tesla_technologies_ibc_01.jpg Segundo explicou o director xeral da empresa, Esteban Vázquez, «non estamos simplemente engadindo unha capa de personalización: estamos entregando o control da narrativa ao espectador». A solución ofrece, ademais, interacción multilingüe en tempo real, accesibilidade para persoas con discapacidade visual e compatibilidade con múltiples formatos de emisión.
Tesla Technologies asumiu un papel clave na integración de sistemas, garantindo a fusión fluída de transmisións en directo, ángulos dinámicos de cámara e elementos gráficos interactivos. Tamén desenvolveu a interface do asistente virtual Aiko, pensada para que a interacción cos usuarios sexa sinxela e atractiva.
O proxecto no que participa Tesla será presentado oficialmente o 14 de setembro na IBC, nun acto no que intervirán representantes de Verizon Business, BFBS, AMD e Xansr Media, entre outros. O evento, que este ano reúne 14 pavillóns con innovacións punteiras, serve de escaparate global para compañías que buscan visibilidade ante firmas como Disney, Netflix, Amazon, Apple, YouTube ou Microsoft.


Pasada presentación do proxecto Changing the game… Again

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?