Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP achegará este ano máis de 5.700 horas de formación en eAdministración, ciberseguridade e competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP achegará este ano máis de 5.700 horas de formación en eAdministración, ciberseguridade e competencias dixitais

Redacción
Publicado: 15/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250915_pte_consello_reunion_dcs_04.jpgA Escola Galega de Administración Pública (EGAP) desenvolverá ao longo deste 2025 un total de 207 accións formativas, que suman case 14.000 prazas e máis de 5.700 horas de docencia en ámbitos como a administración electrónica, a ciberseguridade, as competencias dixitais e a intelixencia artificial. O programa, avaliado polo Consello da Xunta, combina cursos de formación continua, cursos superiores e actividades divulgativas como xornadas, conferencias e monográficos.
Desde 2018, a EGAP e a AMTEGA manteñen convenios anuais para impulsar a capacitación do persoal público e avanzar cara a unha administración máis transparente, próxima, áxil e accesible. O plan inclúe formación en intelixencia artificial, robotización, protección de datos e no uso de plataformas propias da Xunta como o SEF (facturación electrónica), Plation (xestión de contratacións), Fides (emprego público) ou Silex (licitación electrónica).
Tamén destacan as actividades do marco galego de competencias dixitais ComDix, destinadas a promover un uso crítico, seguro e creativo das tecnoloxías. Este ano xa se convocaron seis accións de nivel intermedio e, por primeira vez, probas libres para obter directamente a certificación inicial. Ademais, a EGAP ofrece tres cursos superiores en ciberseguridade, administración electrónica e protección de datos, cun enfoque técnico e xurídico.
En paralelo, a escola organiza xornadas e conferencias como os E-martes, sesións intensivas de sete horas sobre aplicacións, ou encontros sobre intelixencia artificial aplicada á xestión pública. Con estas iniciativas, a EGAP reforza o seu compromiso coa formación do persoal público e coa mellora continua dos servizos á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?