Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Internet Society critica os bloqueos anti-piratería
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Internet Society critica os bloqueos anti-piratería

Redacción
Publicado: 15/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isoc_logo.jpgA Internet Society advertiu nun novo informe de políticas que as medidas de bloqueo de contido en liña baseadas en DNS ou direccións IP, cada vez máis empregadas por gobernos de todo o mundo (e atendendo a casuística española de bloqueos promovidos por LaLiga), resultan pouco efectivas e adoitan provocar danos colaterais graves para usuarios e empresas. A organización pide priorizar solucións que actúen na orixe do contido ilegal en lugar de aplicar restricións técnicas que comprometen o carácter aberto e global da rede.
Segundo o estudo, este tipo de bloqueos, utilizados para combater desde xogos de azar non autorizados ata pirataría audiovisual ou ameazas á seguridade nacional, non eliminan realmente o material ilegal e poden interromper servizos lexítimos. Ademais, son facilmente evitables mediante redes privadas virtuais (VPN) ou cambios de servidor DNS, e incrementan os riscos para a seguridade e a privacidade dos usuarios.
O informe recolle exemplos como o sistema Escudo contra a pirataría implantado en Italia entre 2024 e 2025, que obrigaba a bloquear dominios e IP en trinta minutos. A medida acabou afectando servizos de Google, Cloudflare ou Google Drive, con interrupcións masivas que prexudicaron a empresas e cidadáns. A Internet Society advirte tamén de que obrigar a servidores de DNS públicos, como Quad9, a aplicar bloqueos pode erosionar funcións críticas de protección contra malware e phishing, reducindo a ciberresiliencia dun país.
Desde o punto de vista económico, estas políticas impoñen custos elevados a provedores e operadores, reducen a confianza na infraestrutura e provocan perdas de ingresos en negocios afectados por bloqueos excesivos. Por iso, a Internet Society recomenda actuar contra o contido ilegal na súa orixe, reforzar a cooperación internacional, promover a autorregulación informada dos usuarios e recorrer só a medidas de bloqueo como último recurso, de forma transparente, limitada no tempo e respectando o debido proceso legal.
Coa publicación deste informe, a entidade lembra que modificar os mecanismos básicos de Internet para frear determinados contidos pon en risco a súa arquitectura técnica e os principios que a fan unha rede aberta e accesible en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?