Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta inicia os trámites para a aprobación da futura Lei galega de acoso e violencia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta inicia os trámites para a aprobación da futura Lei galega de acoso e violencia dixital

Redacción
Publicado: 15/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250915_pte_psocial_consello_rp_dcs_07.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego puxo en marcha os trámites para aprobar a futura Lei galega de acoso e violencia dixital. Segundo explicou, o Consello autorizou o proxecto de acordo de inicio e a consulta pública previa do anteproxecto.
Rueda subliñou que a finalidade desta norma é establecer medidas específicas fronte a un tipo de violencia «cada vez máis presente» a causa da expansión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación, como internet e as redes sociais.
O titular do Executivo galego resaltou que, con esta iniciativa, Galicia será «a primeira comunidade autónoma» en dispor dunha lexislación específica nesta materia, coa que se pretende combater prácticas como o ciberacoso ou a violencia sexual ligada ao envío non consentido de mensaxes ou á difusión de contido de carácter sexual. Este tipo de violencia afecta de maneira maioritaria a menores, mulleres e persoas LGTBI.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembrou que a Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero de 2007 xa incluía a violencia dixital contra as mulleres como unha forma de violencia de xénero. O novo texto legal, dixo, ten como obxectivos definir con claridade os conceptos de acoso e violencia dixital, fixar principios de actuación, establecer medidas de prevención, sensibilización e detección, facilitar a formación nesta materia ao persoal da Xunta e das forzas e corpos de seguridade, así como artellar mecanismos de protección e apoio ás vítimas.
Para a súa elaboración, a Xunta contou coa experiencia de entidades como a Asociación Stop Violencia de Xénero Dixital, con longa traxectoria neste ámbito.
250915_pte_psocial_consello_rp_dcs_10.jpg Entre as medidas recollidas, Fabiola García destacou a creación dun servizo de borrado da pegada dixital, pensado para facilitar a eliminación de contidos en rede usados como instrumento de acoso ou violencia, co obxectivo de restaurar a reputación das vítimas. Tamén se prevé a posta en marcha dun espazo virtual onde estas poidan recibir asesoramento gratuíto e orientación sobre como reaccionar e que pasos dar fronte a novas situacións de violencia dixital.
A maiores, a norma contempla programas psicopedagóxicos dirixidos a menores e ás súas familias para abordar adiccións ás novas tecnoloxías, así como accións de prevención e sensibilización no ensino secundario e universitario. O alumnado terá á súa disposición canles telemáticas e dixitais para denunciar casos de violencia dixital.
O anteproxecto de lei entra en fase de consulta pública co fin de recoller achegas da cidadanía e das organizacións máis representativas.
Esta iniciativa súmase aos recursos xa existentes en Galicia para vítimas de violencia, que inclúen unha rede de vivendas de acollida con máis de 80 prazas, os Centros de Información á Muller que prestan servizo a 200 concellos, axudas económicas directas, atención xurídica e psicolóxica gratuíta e programas de inserción laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?