Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Multiplícase o uso das ferramentas de ciberseguridade da Xunta por parte dos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Multiplícase o uso das ferramentas de ciberseguridade da Xunta por parte dos concellos

Redacción
Publicado: 15/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250915_pte_consello_reunion_dcs_09.jpgOs concellos que utilizan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta multiplicáronse por catro no último ano. Na actualidade son 113 as entidades locais que teñen monitorizados os seus servizos en internet para detectar e cualificar riscos, fronte ás 30 de 2024. Só na primeira metade deste ano a Xunta de Galicia trasladoulles preto de 2.000 alertas por posibles fraudes, como o roubo de credenciais ou páxinas web falsas. Os sistemas autonómicos chegan a procesar a diario arredor de 710 millóns de eventos informáticos en concellos e deputacións.
A AMTEGA informou hoxe ao Consello da Xunta sobre estes servizos, que empregan as catro deputacións e 109 concellos. As ferramentas permiten supervisar 170 direccións IP e 252 dominios, ofrecendo control e prevención fronte a ciberameazas.
Desde 2021, cando se puxo en marcha o plan específico de protección das entidades locais galegas, os concellos dispoñen de apoio técnico, formación e servizos avanzados en materia de seguridade. Entre eles destacan a Oficina Técnica de Seguridade, a monitorización de servizos en internet, a vixilancia dixital, auditorías técnicas, servizos de protección avanzada e actividades de concienciación.
As deputacións e 22 grandes concellos fan uso da vixilancia dixital, que supervisa datos sensibles e evita fraudes relacionados con credenciais, dominios ou páxinas web que imitan ás administracións. A mediados de ano rexistráronse preto de 2.000 alertas, mentres que en 2024 foran máis de 3.600. Pola súa banda, a monitorización permanente de alertas, utilizada por 10 entidades locais, permite procesar máis de 700 millóns de eventos diarios e leva xestionadas xa 8.500 alertas ou intentos de ataque neste exercicio.
Desde 2022 realizáronse 172 auditorías técnicas en concellos e deputacións, ademais de poñer á súa disposición 6.000 licenzas dunha plataforma de protección avanzada.
O plan de protección das entidades locais preséntase como unha mostra de visión estratéxica, solidariedade institucional e optimización de recursos, pois estas administracións ofrecen servizos esenciais e xestionan datos sensibles que requiren garantías de seguridade. O acordo marco actualmente en vigor, aprobado en 2024, conta cun orzamento de 29 millóns de euros, fronte aos 8,2 millóns do primeiro acordo de 2021. O incremento dos incidentes e a maior demanda de soporte especializado fixeron necesario triplicar a previsión inicial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?