Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: One UI 8 inicia a súa despregadura para dispositivos Galaxy
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

One UI 8 inicia a súa despregadura para dispositivos Galaxy

Redacción
Publicado: 15/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

026-lifestyle-galaxy-zfold7-blueshadowjpg.jpgSamsung fixo público hoxe o lanzamento oficial de One UI 8, a nova versión da súa interface que integra capacidades avanzadas de intelixencia artificial multimodal, unha experiencia de usuario adaptada a diferentes formatos de dispositivos e suxestións personalizadas e proactivas que buscan facer a vida diaria máis cómoda e intelixente. A actualización comezará esta semana cos modelos da serie Galaxy S25 e estenderase progresivamente á serie Galaxy S24, Galaxy Z Fold6, Galaxy Z Flip6, Galaxy S24 FE e outros dispositivos compatibles ao longo do ano.
Un dos eixes fundamentais de One UI 8 son as recomendacións personalizadas, que se adaptan ao contexto e ás rutinas de cada usuario. Este servizo está ligado a novas medidas de seguridade, co obxectivo de protexer a información privada. Así, introdúcese Knox Enhanced Encrypted Protection (KEEP), unha arquitectura que xera contornos de almacenamento cifrado específicos para cada aplicación, e reforzase Knox Matrix, que pecha sesións de xeito automático se se detectan riscos graves. Ademais, Wi-Fi Segura incorpora criptografía poscuántica para aumentar a protección en redes públicas.
Entre as novidades destacan funcións como Now Bar, que mostra actividade en tempo real de aplicacións e do reprodutor multimedia na FlexWindow do Galaxy Z Flip, ou Now Brief, que ofrece actualizacións cotiás con información de tráfico, recordatorios e recomendacións de contido personalizado, incluída a saúde cando está sincronizado cun Galaxy Watch.
No eido da multimodalidade, One UI 8 combina recoñecemento visual, auditivo e contextual. Gemini Live permite interactuar coa IA en tempo real, entendendo o que o usuario ve na pantalla; mentres que Circle to Search con Google engade tradución instantánea e axuda durante sesións de xogo ou navegación.
A experiencia de uso tamén se optimiza en pantallas grandes e formatos flexibles. Multipantalla facilita arrastrar e soltar contidos xerados por IA, e ferramentas como Asistente de debuxo ou Asistente de escritura melloran a creatividade. O Borrador de audio elimina ruídos de fondo en gravacións, mentres que novas opcións de personalización de fondos e reloxos amplían as posibilidades estéticas da interface.
Ademais, incorpóranse funcións como Estudio de retratos, que xera imaxes artísticas de mascotas, ou a Transcrición de chamadas, que converte voz en texto en tempo real, así como melloras en Intérprete para traducir ideas ao teclear.
Samsung confirmou que a listaxe de dispositivos compatibles abrangue, ademais dos modelos máis recentes, unha ampla gama que inclúe as series Galaxy S23, S22 e S21 FE, os últimos Galaxy Z Fold e Z Flip, varias tablets Galaxy Tab S e Tab A, así como terminais da gama Galaxy A.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?