Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: YouTube permitirá emitir directos en vertical e horizontal simultaneamente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

YouTube permitirá emitir directos en vertical e horizontal simultaneamente

Redacción
Publicado: 16/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dk1_8211_fqu0q43w.jpgYouTube anunciou no evento Made on YouTube unha importante actualización das súas funcionalidades de retransmisión en directo, cun enfoque claro na interactividade, a descuberta de contido e a monetización. Estas novidades buscan facilitar o acceso ao directo, mellorar a experiencia dos espectadores e ampliar as oportunidades de ingresos.
Entre os cambios máis destacados está a posibilidade de practicar antes de emitir, permitindo aos creadores probar a súa configuración sen presión. Ademais, introdúcese a opción de xogar en directo con Playables, unha biblioteca de máis de 75 xogos lixeiros como Angry Birds Showdown ou Triviados, que se poden combinar coa interacción en tempo real a través do chat e monetizar como calquera outra emisión, aínda que polo momento esta opción non está dispoñible en España.
youtubestreamformats.jpg Para mellorar a visibilidade dos directos, YouTube permitirá emitir simultaneamente en formato horizontal e vertical, cun chat unificado que conecta a toda a audiencia. Tamén se expande a funcionalidade de reaccións en directo, permitindo aos usuarios iniciar retransmisións verticais desde o móbil para comentar eventos ou outros creadores en tempo real. A intelixencia artificial tamén entra en xogo para transformar os momentos máis destacados das emisións en Shorts listos para compartir, prolongando o impacto dos directos máis alá da súa duración.
km1_4165_lrjcnxqm.jpg No ámbito da monetización, a plataforma presenta os anuncios en paralelo, un formato menos intrusivo que permite aos creadores obter ingresos sen interromper a experiencia dos espectadores. Tamén se simplifica a transición entre emisións públicas e exclusivas para membros, fortalecendo a relación cos seguidores máis fieis e incentivando a subscrición.
Estas melloras reflicten o compromiso de YouTube por facer do directo unha ferramenta máis accesible, rendible e conectada coa comunidade. Segundo datos da propia plataforma, máis do 30 % dos usuarios conectados diariamente visualizaron contido en directo durante o segundo trimestre de 2025, confirmando o potencial deste formato como motor de conexión global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?