Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Logitech presenta unha chea de dispositivos orientados ao público gamer
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Logitech presenta unha chea de dispositivos orientados ao público gamer

Redacción
Publicado: 17/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logitech_g1ettrwwoaainpn.jpgLogitech G aproveitou o escaparate global do Logitech G Play 2025, celebrado en Shanghai, Madrid e a través dunha retransmisión en liña, para anunciar unha ampla gama de novidades que abranguen desde os simuladores de condución ata os periféricos destinados aos deporte electrónicos, pasando por ferramentas de streaming e accesorios para PC e consola, para o que contaron coa colaboración de socios como McLaren Racing e nVIDIA.
lgp_release.jpg No apartado da simulación de condución, Logitech G introduciu a base RS50 con motor direct drive de 8 Nm e tecnoloxía TRUEFORCE, acompañada dos novos pedais RS con célula de carga de 75 kg e configuración avanzada a través de G HUB. A estes compoñentes engádese a colección McLaren Racing, que inclúe auriculares sen fíos GA50, un volante de carreiras e un asento tipo cockpit desenvolvido en colaboración cos enxeñeiros e pilotos virtuais da escuadra británica.
logitech_pro_x2_superstrike.jpg O segmento competitivo tamén recibiu un salto tecnolóxico coa chegada do rato PRO X2 SUPERSTRIKE, primeiro do mundo con sistema háptico de disparo indutivo, pensado para ofrecer velocidade e personalización en xogos de disparos e MOBA. Xunto a el presentouse o PRO X SUPERLIGHT 2c, unha versión máis compacta e lixeira do modelo insignia.
No eido do streaming, Streamlabs deu a coñecer o seu primeiro axente de retransmisión con intelixencia artificial, apoiado pola tecnoloxía ACE de nVIDIA. Este asistente funciona como coanfitrión e produtor en tempo real, con ferramentas de cambio de escena, recorte automático de momentos destacados e a posibilidade de engadir un avatar virtual xerado con Audio2Face.
logitech_g321.jpg Logitech G tamén anunciou melloras no software G HUB, cun lanzador de xogos que centraliza a biblioteca persoal en plataformas como Steam, Xbox Cloud Gaming ou Epic Games Store, e integra prestacións como LIGHTSYNC ou TRUEFORCE.
Na categoría de PC, a compañía ampliou a súa serie G coa chegada dos auriculares sen fíos G321 LIGHTSPEED, que apostan pola comodidade e a baixa latencia, e o teclado mecánico G515 Rapid TKL, un modelo ultrafino de perfil baixo con interruptores magnéticos analóxicos, disparo rápido e opcións avanzadas de personalización.
logitech_astro_a20_x.jpg O catálogo para consolas de videoxogos tamén se reforzou cos auriculares sen fíos ASTRO A20 X, que inclúen a tecnoloxía PLAYSYNC AUDIO para alternar sen interrupción entre varias plataformas e dispositivos móbiles.
Todos estes produtos xa están dispoñibles para a compra ou reserva en liña e chegarán ás tendas de forma gradual ao longo dos dous vindeiros trimestres.


Vídeo do evento Logitech G Play 2025

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?