Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft ultima a construción do centro de datos para IA máis potente do planeta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft ultima a construción do centro de datos para IA máis potente do planeta

Redacción
Publicado: 18/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

omb-datacenter-hero-9_18_25.jpgMicrosoft está a dar un novo paso na carreira global pola intelixencia artificial coa construción en Wisconsin de Fairwater, o que describen como o centro de datos de IA máis avanzado e potente do planeta. O complexo, que entrará en funcionamento a comezos de 2026, supuxo un investimento inicial de 3.300 millóns de dólares. A compañía anunciou ademais un novo compromiso de 4.000 millóns de dólares para levantar unha segunda infraestrutura de dimensións semellantes, o que elevará o investimento total en máis de 7.000 millóns.
omb-image-4-datacenter.jpg Fairwater ocupará máis de cen mil metros cadrados repartidos en tres grandes edificios e foi concibido como unha instalación única no mundo: non un conxunto de servidores illados, senón un superordenador masivo no que centos de miles de procesadores gráficos de última xeración de nVIDIA traballan en clústeres interconectados. Para enlazalos, despregouse suficiente cable de fibra óptica como para dar catro voltas ao planeta. Esta arquitectura permitirá acadar un rendemento dez veces superior ao do superordenador máis veloz dispoñible na actualidade.
O obxectivo é dar resposta ás crecentes esixencias do adestramento de modelos de fronteira en IA, que requiren procesar billóns de operacións de maneira paralela. Esta capacidade permitirá desenvolver modelos máis precisos e aplicalos a ámbitos clave como a investigación médica, a innovación científica ou a mellora da produtividade industrial.
omb-image-2-datacenter.jpg A magnitude do proxecto tamén se reflicte nos traballos de construción. Foron necesarios máis de 70 quilómetros de tubaxes, 200 quilómetros de cableado subterráneo e 26 millóns de libras de aceiro estrutural. A estrutura basea a súa eficiencia nun deseño que minimiza a latencia entre servidores: os racks están distribuídos en dúas alturas para reducir distancias físicas e manter unha comunicación case instantánea entre procesadores. Cada rack incorpora 72 GPU Blackwell unidas por NVLink, que proporcionan un ancho de banda de 1,8 terabytes por segundo e un acceso compartido a 14 terabytes de memoria, facendo que funcionen como un único acelerador xigante capaz de procesar centos de miles de tokens por segundo.
omb-image-3-datacenter.jpg O proxecto incorpora medidas pioneiras de sustentabilidade. Máis do 90 % da refrixeración depende dun sistema pechado de auga que só se encheu durante a construción e que recircula de forma continua, eliminando desperdicio. O 10 % restante utilízase só nos servidores tradicionais e recorre ao aire exterior excepto nos días de maior calor. En termos de consumo, Microsoft destaca que a cantidade de auga necesaria equivale ao que utiliza un restaurante medio ao ano ou un campo de golf nunha semana de verán. A nivel enerxético, a compañía comprométese a igualar cada quilowatt hora consumido con outro procedente de fontes renovables, incluíndo un parque solar de 250 megavatios en desenvolvemento.
O centro de datos de Wisconsin forma parte dunha estratexia global que inclúe novas infraestruturas en Noruega e no Reino Unido, e que se integrarán coa rede mundial de Azure, composta por máis de 400 centros en 70 rexións. A través desta interconexión, Microsoft pretende construír un superordenador distribuído a escala planetaria, capaz de compartir recursos de cálculo, almacenamento e rede con total flexibilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?